Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Martín Varela supera o cansanzo e segue sumando en Lleida

Martín Varela supera o cansanzo e segue sumando en Lleida
Kiko Tur e Martin Varela Campions en Huesca

Tocaba Lleida e o noso cormelán non desaproveitou para sumar un bo feie de puntos, que lle permiten seguir subindo no ranking ITF e continuar loitando pola clasificación para as Paraolimpiadas de Río 2016.

Martín Varela Martín partía como segundo cabeza de serie do V Internacional Open Tennis Club Urgell e isto fixo que o cormelán pasase directamente aos cuartos de final do torneo. Finalmente acadou a final no cadro de dobres e a semifinal no individual.

A aventura de Martín en Lleida no cadro individual chegaría ata as semifinais xa que o cansanzo acumulado (leva varios torneos intenacionais seguidos) e un gran Quico Tur privaríano do pase á final. O agotamento do noso tenista fixo que caese derrotado (6/1 e 6/0) ante o xogador catalán que realizou un gran tenis movendo moito ao de Corme pola pista e desgastándoo máis do que estaba.

No que respecta ao cadro de dobres, o tenista cormelán e o seu compañeiro Kike Siscar quedarían ás portas do título tras caer derrotados no Super Tie Break da final. A dupla galego-murciana debutaría nos cuartos de final ante a parella local formada por Ubald Rates e Xavi Murillo, nun gran partido dos nosos que non deron opción aos cataláns e cerrarían o encontro cun dobre 6/0, que demostra o que se viu na pista.
Nas semifinais, o cormelán e o tenista de Torre Pacheco enfrontaríanse aos segundos cabezas de serie, Quico Tur e Francesc Prat. E tras tres horas de partido, a parella galego-murciana lograría o pase á final do cadro de dobres tras vencer aos cataláns no Super Tie Break dun durísimo encontro.
Aos nosos tenistas tocoulles remontar nos dous sets e tamén no Super Tie Break. No primeiro set, Kike e Martín déronlle a volta a un 1/4 para finalizar gañando por 7/5, ao igual que no segundo, no cal foron capaces de igualar o tanteo a seis xogos tras ir 2/5 abaixo no marcador, pero finalmente os cataláns levaríanse o set no tie break por unha diferencia de tres puntos.
No decisivo Super Tie Break, o galego e o murciano teríanlle que dar a volta a un 6/3 e conseguiron facelo a base de pelexa e garra para levarse o partido e lograr o pase á final tras rematar cun tanteo de 10/7.
A final, ante Roberto Chamizo e Rubén Pérez, disputaríase en dous días por motivo dunha tormenta que irrompeu no Tennis Club Urgell o sábado durante o transcurso do partido cando os nosos gañaban no primeiro set por 2/1. Hoxe, domingo reanudaríase este definitivo encontro que se caracterizou pola gran igualdade que houbo en todo momento.
Martín e Kike levaríanse o primeiro set por 6/4, un tanteo ao que respostarían os madrileños vencendo no segundo por 3/6 e forzando o Super Tie Break que finalmente se adxudicarían Chamizo e Pérez para levarse o título.
Gran resultado para a parella galego-murciana no seu primeiro torneo xuntos.

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios