Martes. 15.10.2019
El tiempo

Martín Varela tamén arrasa no Campionato Galego

Martín Varela tamén arrasa no Campionato Galego

Mal acostumados nos ten Martín Varela cos Camiponatos de España e do Mundo, pero quedar Campión Galego non é nada fácil. E é que varios dos mellores xogadores de España son galegos.

Pero este cormelán non ten barreiras e esta pasada fin de semana acadaba o título do Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas 2012. O integrante da Asociación Deportiva Vidú, competiu este fin de semana no 2ª Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas. A cita celebrouse nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán. Martín Varela (1978) actualmente ocupa o 2º posto do ranking nacional e o posto 53 do ranking internacional ITF.

Dura competición

Na competición individual comezou xogando contra Manuel Cantelar ao que superou en dous sets. Xa en semifinais xogou ante o mozo xogador local Martín da Ponte, ao que logrou vencer por 6/1 e 6/0.

Desta forma chegaban á final os dous claros favoritos, o aresano Álvaro Illobre, compañeiro na Selección española, e o cormelán Martín Varela. Houbo igualdade no partido pero os fallos no saquei de Illobre e o bo xogo do cormelán fixo que o tenteo quedase en 6/3 e 6/2 para Varela. Así Varela proclamábase Campión Galego tras haberse proclamado fai quince días Campión de España da especialidade.

En dobres

Na competición de dobres Varela fixo parella con Manuel Cantelar. Alcanzaron a final ante a parella formada por Illobre e Da Ponte. Foi unha final igualada como reflectiu o marcador final, 6/1 no primeiro set para Varela - Cantelas, 7/5 no segundo para Illobre - Da Ponte e no take break do terceiro venceu a parella Illobre - Da Ponte por 10-8.

Vindeira cita

Tras competir no Campionato de España e en Campionato Galego, Varela descansará unha semana, xa que a finais de mes volverá competir en Caspe.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios