Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Mazaricos ten que aprazar a súa participación no Circuito Correndo pola Costa da Morte

Mazaricos ten que aprazar a súa participación no Circuito Correndo pola Costa da Morte
- Última hora: a proba queda aprazada ata o 30 de xullo. Carreira Peestre de Vimianzo Saída da Carreira Popular de Vimianzo Xa van varias probas alá. A última, esta pasada fin de semana con máis de 560 deportistas gastando zapatillas por Vimianzo. Unha carreira marcada polo falecemento do rapaz muxián Abdoulaye, e na que o club Terra de Soneira quixo enviar unha aperta á atleta Vanessa Lafuente, que sufría un grave accidente de tráfico. Xa no deportivo, En categoría masculina, o herculino Ramón Serantes superou ao local Míchel Antelo (que despois da maratón herculina demostra que pode con todo) e o carballés David Landeira. En categoría feminina é unha mazaricá, Rocío Alvite, a que vai en cabeza destacada.

Vindeira proba, en Mazaricos

Carreira Correndo pola Costa da Morte en Mazaricos 2016 E precisamente xa comezan os preparativos para a vindeira proba, que se disputará o 8 de maio en Mazaricos. Será a primeira edición en Mazaricos. Xa podes inscribirte na nosa carreira, dende hoxe ata o 4 de maio, no sitio web championchipnorte.com. Así poderá saber como é de preto a madriña do Circuito, Sara Vieites: [fbvideo link="https://www.facebook.com/correndopolacostadamorte/videos/1029671893777011/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios