Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mazaricos tamén vibriu co Xadrez e permitiu un doblete de David Lariño

Mazaricos tamén vibriu co Xadrez e permitiu un doblete de David Lariño
Ambientazo de Xadrez en Mazaricos Ambientazo de Xadrez en Mazaricos
  • Trala cita cabanesa do sábado, o domingo trasladábase a Mazaricos a caravana do Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña. Celebrábase o 2º torneo mazaricán e a 10ª proba do circuito no Centro Multiusos da Picota, e a cita acollía a 47 xogadores.

    A maioría eran os mesmo que o sábado en Cabana, chegados de varias partes de Galicia: Verín, Ourense, Vigo, Sanxenxo, Chantada, Lugo, Padrón, Rianxo, Santiago, Val do Dubra, Ferrol, Coruña, Cambre, Arteixo, Carballo, Malpica, Muxía, Zas, Mazaricos, Corcubión, Vimianzo, tamén tivemos de fóra de Galicia xogadores de Barcelona e Madrid.

    A cita serviu para que o esteirán GM David Lariño completase un doblete tras vencer en Cabana, quedando por diante de GM Aleksa Strikovic (Chantada) e do MI Arián González (L. Ourensán). O carballés Roi Mira gañou en sub-8 e o mellor local foi Benito Martínez.

    Benito foi o mellor local

    Últimas citas do circuito

    Quedan por disputarse varias probas: o 30 de setembro Malpica; o 1 de outubro en Cerceda e o 12 de outubro, a clausura e torneo final en Muxía. Toda a info e as clasificacións do circuíto pódense consultar na web oficial www.pokeryajedrez.com.

    As ANPAS anótanse ao xadrez

    Xa contamos que as ANPAS apúntanse á moda do Xadrez e xa teñen as primeiras citas da súa Liga. Ponteceso, Carballo e Mazaricos acollerán probas entre outubro e novembro, e xa podedes inscribirvos ata o 10 de outubro en www.fedanpas.org.

    Novas do Circuito

    Máis novas

    Fonte

  • Comentarios