Venres. 19.04.2024
El tiempo

Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas

Menos cantidade pero máis calidade no Torneo de tenis de mesa de Zas
Familia do Torneo Ponciano Nieto

Moi bo nivel no VII Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa celebrado no pavillón municipal de Zas esta fin de semana, nun día de chuvia e vento, que moitas veces fixo mirar para o teito aos participantes polo ruído que proviña da cuberta. Non foi tan alta a participación como en anteriores torneos pero quizais o nivel fose superior.

Pero o máis destacado, e así o refrendan as palabras dos equipos rivais, é que a organización foi fantástica: “Como sempre, Stevo organizou á perfección o Torneo, 4 grupos de 5 xogadores cada un, clasificándose os tres primeiros para a seguinte fase e os cuartos e quintos xogaban o open B, despois unha paradiña, a iso das 12 horas, para meterlle algo ao corpo, con tortilla, chourizo e empanada, para retomar a fase final con "peso" e acabar a iso das 15:30 para "atacar" de novo á cociña, esta vez churrasco, criollos, xeado, café e moita cordialidade de todos os participantes. Este é o espírito que debe reinar sempre neste belo Deporte. Todos os participantes leváronse un recordo pola súa participación, ata houbo un premio para o que non conseguiu gañar nin un só set. XENIAL!!. ENHORABUENA A TODOS E A TODAS E GRAZAS POR ESTE MAGNÍFICO TORNEO!!.”, segundo as verbas dos participantes.

Deporte churrascho e Gaitas no pavillon de Zas

Moito nivel

Así o xogador local Gonchu quedou fóra na clasificación dos grupos. Todos quedaron encuadrados en 4 grupos de 5 xogadores e clasificaban para a ronda final 3, e os non clasificados xogaban un "open B". Despois desta fase de grupos e sobre as 12'30 tomaron un aperitivo con tortilla, empanada e chourizo; logo todos os partidos das rondas finais e rematouse as 15'30 para degustar a típica churrascada preparada polo clube organizador (Anorthosis Vimianzo).

Houbo tempo ademais, e a fortuna, de compartir espazo co grupo de baile e gaitas de Castro Meda (que tamén fixeron a súa churrascada) que deleitaron aos deportistas cos bailes e música en directo na hora da sobremesa.

Paralelamente ao torneo dos maiores, celebraronse os dos pequenos do clube xunto con algún invitado/a.

En canto o resultado final o gañador foi Javi Canzobre, que repite triunfo, xa gañara o ano pasado, e Alberto García por 3ª vez foi segundo. A última hora fallaron dous participantes.

Imaxe da final do Torneo  Ponciano Nieto en Zas

Estes foron os resultados acadados:

Stevo Lema dalle a Javi Canzobre o titulo de campion
  • 1º- Javi Canzobre do Breogán Oleiros.
  • 2º- Alberto García do Conxo TM de Santiago.
  • 3º- Pablo Prol do Liceo de Noia.
  • 4º- Edgar Ramos do Cambre TM.
  • 5º- Miguel Rey do Anorthosis Vimianzo.
  • 6º- Dani Sanchez do Breogán Oleiros.
  • 7º- Jesús Carracedo do Conxo TM.
  • 8º- José L. López do Breogán Oleiros.
  • 9ª- Inés Vázquez do Liceo de Noia.
  • 10º- Marcelino Bahamonde do Liceo de Noia.
  • 11º- Jorge Cal do Breogán Oleiros.
  • 12º- Roi Martínez do Anorthosis Vimianzo.
  • 13º- Gonzalo Martínez do Anorthosis Vimianzo (gañador do open B).
  • 14º- Fernando Losada do Breogán Oleiros.
  • 15º- Sergio Sanchez do Cambre TM.
  • 16º- J.M. Pontigo do Breogán Oleiros.
  • 17º- J.M. Rama do Breogán Oleiros.
  • 18º- Elicer Costa do Cambre TM.

Infantil Femenino:

  • 1ª- Ana García do Anorthosis Vimianzo.
  • 2ª- Lorena Castro do Anorthosis Vimianzo.
  • 3ª- Antía Rama do Breogán Oleiros.
  • 4ª- Marta Costa do Anorthosis Vimianzo.
  • 5ª- Ana Ramos do Cambre TM.

Infantil masculino:

  • 1º - Brais Blanco do Anorthosis Vimianzo.
  • 2º- Gabriel Bouzas do Anorthosis Vimianzo.
  • 3º- Manuel Costa do Anorthosis Vimianzo.
  • 4º- Raúl López do Anorthosis Vimianzo.

Todos os participantes levaron un agasallo, aparte dos trofeos correspondentes aos primeiros clasificados.

Entrega de Premiso do Torneo Ponciano Nieto

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios