Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
Ata Irún marchou unha expedición de deportistas do tenis de mesa costeiro. E asinaron unha boa actuación no torneo zonal celebrado os pasados 31 de outubro e 1 de novembro na vila euskalduna. A zasence Ana García (Club del Mar) e as xogadoras do AD Zas Miriam Domínguez e María Castro viaxaron acompañadas polo entrenador Miguel Rey.
Miriam quedou 2ª e Ana García e Maria Castro conseguíron a última das 3 prazas que daban dereito a clasificarse para as eliminatoras de oitavos. Nesta ronda perderon as tres, e logo na disputa dos postos 9-16 foi a nosa xogadora Miriam a que gañou a praza para o estatal ao gañar a súa compañeira María Castro (3-0), a Celia Delgado (Castilla y León) (3-0) e á galega Mariña Chaves (3-0).
O estatal será coma estes últimos anos en Valladolid polo antroido de 2017. Ana García e María Castro terán que esperar posibles invitacións, sempre e cando haxa renuncias.
Novas relacionadas
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.