Martes. 23.04.2024
El tiempo

Moitas sorpresas para a Gala do Deporte de Santa Comba

Moitas sorpresas para a Gala do Deporte de Santa Comba
gala deporte santa comba Este vindeiro venres 29 de setembro, o Auditorio do Multiusos de Santa Comba quedará pequeno para unha nova edición da Gala do Deporte xalleiro. Unha cita cargada de sorpresas para “non poñerse a comer antes da degustación”, como sinala Elisa Capelo, Técnica de Deportes do Concello de Santa Comba. O presentador será Diego Viaño, e este ano serán 7 os premios que quere outorgar o Concello. Destacan os premios que levarán varios equipos, entre eles un equipo feminino. Pero tamén haberá premio para un deportista individual, un para unha entidade como promotora da entidade física, entre outros. ”Esperamos encher a tope o Multiusos”, sinala Capelo. Imos abrir a gala cunha exhibición de baile de salón dunha rapaza de Santa Comba, Melanie Lois, que participa en concursos a nivel nacional, e que bailará coa súa parella Christian Domínguez. Ademais, vai haber un saúdo dun adestrador de primeiro nivel que mandará un vídeo dende Qatar. E pechará a Gala o grupo de gaiteiros a cargo de Pablo Seoane tocando o himno galego”. Estará como invitada Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o Xefe de Servizo Provincial para o Deporte, Roberto García.

Fonte

Comentarios