Moito futuro na canteira do Anorthosis
Xornada completa de tenis de mesa no ximnasio de Zas. Nada menos que 6 encontros que duraron toda a tarde, dende as 16:00 ata as 20:00, e onde só o Anorthosis non foi capaz de sacar máis de un punto ante o actual lider do grupo, o Arteal Ventanas de Santiago. O resto dos equipos conseguiron resultados positivos e incluso poideron ser mellores se non houbese relaxacón nalgúns enfrontamentos.
A resaltar o doble derbi entre equipos do clube e sobre todo entre Concello de Zas Cernadas e Vimianzo TM con moita igualdade en todo momento (os dous tiñan baixas e notáronse). No outro derbi o Concello de Zas Ponciano Nieto mostrou a súa firmeza de lider do grupo e non cediu ante os de Mazaricos. Na merenda pos-partido houba máis igualdade.
Os encontros contra os de Oroso non correspondían a esta xornada e foron adiantados por petición dos de Sigüeiro e os xogadores "locales" de Vimianzo e Mazaricos fixeron valer a súa maior experencia que de momento teñen. En 2ª femenina normais as derrotas das rapazas de Zas ante as xa experimentadas de Vilalba e Lugo. Marcou moito a diferencia de idade xa que das de Zas so unha supera os 10 anos e o resto teñen 8 e 9 anos e as rivais superan os 14 e con 2 de experiencia neste deporte. Pero nestas mozas de Zas ha moito futuro e de éxito.
3ª División Nacional. Grupo Centro
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Arteal Ventanas 1-5
2ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto - Concello de Mazaricos 6-0
- Resultado: Concello de Zas Cernadas - Vimianzo TM 3-3
- Resultado: Concello de Zas Cernadas - Arteal Ventanas "B" 4-2
- Resultado: Concello de Mazaricos - Oroso Trastes 6-0
- Resultado: Vimianzo TM - Oroso Trastes 4-2
2ª División Nacional Feminina
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - TDM Sanjurjo Moda 0-3
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Rest. Ipanema TDM 0-3
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Concello de Vilalba 0-3
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Dez Portas (Lugo) 0-3
Máis información
- Clasficacación da 2ª División Nacional Feminina.
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- Fin de semana de maratóns e derbis para a familia Anorthosis.
- O Anorthosis suma e O Pinar prepara o maratón ferrolán.
- Pinpon tamén por Nadal.
- O Anorthosis espalla o tenis de mesa pola Costa.
- Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa.
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Anorthosis, da man de Stevo Lema.