Luns. 13.07.2020
El tiempo

Muxía e Vimianzo abren a quenda de maratóns de FS e Ponteceso acolle a final da Copa Provincial de FSF

Muxía e Vimianzo abren a quenda de maratóns de FS e Ponteceso acolle a final da Copa Provincial de FSF

Xa chega o verán e con el os maratóns de Fútbol Sala pola volta. Os primeiros que nos chegan son os de Muxía e Vimianzo.

Maratón en Muxía

Maraton Muxia FS

A vindeira fin de semana de 10 e 11 de xuño, o poideportivo de Muxía acolle un Maratón de FS, con 1000 puntos en xogo. Poden inscribrse (a cota é de 60 puntos) no 606 816 086 ou no 617 454 956

Maratón en Vimianzo

Os vindeiros 16, 17 e 18 de xuño o pavillón vimiancés acollerá un completo maratón, con 1800 puntos en xogo. Haberá un máximo de 20 equipos, e xa se poden inscribir (a inscrición son 100€) nos teléfonos 662 19 19 18 ou no 666 19 57 98. O maratón arrincará ese venres 16 ás 21:00h.

Copas de FSF

Copas FSF en Ponteceso

Ademais, esta fin de semana será interesante a nivel FSF. O Villa de Cee, tras vencer 5-1 na ida poderá volver a casa coa Copa Autonómica masculina.

Pero a gran cita será en Ponteceso, pois o pavillón pondaliano será a sede das finais da Copa Provincial durante a tarde deste sábado 3 de xuño. O primeiro encontro disputarase ás 16.30h, partido que enfrontará ó conxunto local, Concello de Ponteceso FSF, e ó Ventorrillo Bodega o Rincón.
Ás 18h xogarase a final da Copa Autonómina, onde se enfrentarán o Comarcal A Fervenza FSF e o Bembrive FSF.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios