Venres. 19.04.2024
El tiempo

Nacho, unha vitoria baixo o brazo para o Dumbría

Nacho, unha vitoria baixo o brazo para o Dumbría
Estaba Nacho moi cómodo no seu retiro futbolístico, despois duns anos moi intensos en Fisterra, pero non foi quen de decir que non á tentadora oferta do Dumbría para sustituir a Diego Lobelos. Cando se leva o fútbol na sangue é difícil vivir lonxe dos campos, apartado do verde, da tensión de preparar un partido toda a semana, da excitación de dirixirte o domingo ó campo, das noites sen durmir pensando como facer para que o equipo rinda. Nacho, aínda que vos conte o contrario, é dos que ten o seu sitio natural no 100 x 60. Foi un xogador sobresaínte, dos mellores que dou a costa nos últimos anos. Dende Baio chegou á canteira do Deportivo, e estivo infinidade de anos nos campos de Terceira División, a veces lastrado por importantes lesións, pero dando sempre mostras da súa clase e forza no centro do campo. Como adestrador tivo experiencias en Baio e Puenteceso, pero foi en Fisterra, a súa terra adoptiva, onde se relanzou a súa figura: fixo campión de liga despois dun montón de anos ós verdes, e o ano pasado levou un emotivo título de copa ás vitrinas fisterráns. Agora chega a Dumbría tentando lograr o difícil obxectivo da salvación. O primeiro día, gran vitoria contra o Ribadeo. Isto nos conta:   QPC - Que che atrae do Dumbría, para deixar o teu retiro temporal do fútbol? O interesante desta oferta e fundamentalmente o reto de ser capaz de competir co resto da categoría tentar conseguir o obxectivo, e aprender da categoría QPC - Nesta primeira semana como te atopaches ó equipo? Sobre todo predispostos a traballar que iso é o fundamental. QPC - Hai moita xuventude no plantel. É un punto a favor para traballar ou unha dificultade máis para lograr as metas? Eu vexoo como unha vantaxe porque ó final cúmplase ou non o obxectivo a xente nova queda na casa, e se tes xente de fora ó final van a marchar para outro lado donde lle dean mais cartos. QPC - O primeiro día, un rival dos poderosos, o Ribadeo, e o equipo logrou o éxito. Foi un partido moi complicado contra un bo equipo, pero sabíamos as debilidades e aproveitámolas, pero non deixa de ser un rival moi complicado. QPC - Que aspectos traballaches durante a semana para chegar preparados para a vitoria ? Sobre todo traballamos estos dias tacticamente, a partir de ahora, teremos que seguir traballando tacticamente, e teremos que incidir tamén no aspecto físico. QPC - Polo que puideches ver, cales son os aspectos fortes do teu equipo? O punto forte deste equipo dende que se formou foi sempre o vestuario, hai poucos equipos que teñan este vestuario, moi sano. QPC - Buscarás incorporar xente ou traballarás coa plantilla da que dispós agora mesmo? Temos que falalo, fai falta xente, pero xente cun nivel alto senón non son partidario de traer xogadores,  prefiro un xuvenil, que os hai moi bos. QPC - Que coñedes da esixencia da categoría? So vin o partido do domingo, recordoume á miña etapa de xogador, o Ribadeo é o típico equipo de Lugo, e coñezoos ben, xa que xoguei 5 anos en Terceira co Villalbes. QPC - Nun club que traballa tan ben a canteira, Nacho adestra para o día a día ou pensa tamén no futuro Dumbría? So traballo, dia dia, nunca sabes o que vai a pasar mañán, non me preocupa o futuro, so me preocupa futbolísticamente que o meu equipo non teña lesionados, que xa tivemos un de larga duración. Nacho chega para sustituir a Diego Lobelos, e comenzou como tiña comenzado Diego, con vitorias na casa ante rivais potentes  

Comentarios