Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro

Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro
AD Zas Ponciano Nieto AD Zas Ponciano Nieto debutou na casa na 2ª Nacional

Foi intensa a pasada fin de semana para o tenis de mesa da comarca. Despois da histórica foto en categoría nacional do Ponciano Nieto, esta fin de semana xa foron 8 partidos.

Entre eles, o debut en casa do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª Nacional. Miguel Rey, Gonzalo Martinez Lema, Andrés Fagín Guerra e Brais Blanco fixeron bos partidos, pero non se viron reflexados nos marcadores ante os máis experimentados xogadores do Naronense, que remataron vencendo por 4-2. Brais Blanco e Miguel Rey foron os que conseguiron sumar os puntos soneiráns, nun equipo que leva só 2 partidos na categoría e que seguro que teñen moita marxe de mellora.

As bravas da 1ª Nacional

AD Zas Aluminios Xeal Como motos anda as do AD Zas Aluminios Xeal na 1ª Nacional

En Narón, xogouse o sábado 7 de outubro a 1° concentración de 1° Nacional Femina, onde as rapazas (Miriam Domínguez, María Castro, Marta Costa e Ana Garcia) fixeron un moi bo debut na liga, gañando 5-1 a CTM Cidade de Narón, ademais de vencer 4-2 a “En Boas Mans Fisioterapia”. Tamén gañaron por un contundente 6-0 a Embutidos San Esteban Cao. Estas vitorias sitúan ás zaseiras de primeiras na liga empatadas co equipo de Oleiros, co cal xogarán na seguinte concentración.

Derbi na 1ª Galega

Tamén se celebraba en Zas, o venres 6 de outubro, o derbi de 1° División Galega, entre A.D. Zas Ponciano Nieto (Raúl López, María Castro e Ana Garcia) e Concello de Mazaricos (José Ángel, Javi e Alex). Un choque moi intenso e igualado, onde cada punto había que loitalo ata o final. Os locais perderon 4-3, e varios partidos foron 3-2.

Arrincou a 2ª Galega

Ademais, comezou a 2° División Galega, co encontro entre A.D.Zas O Pinar (Laura García, Tatiana Recarey, Lara Romero e Miguel Romero) e A.D. Zas Dimobel (J.A. Pazos, Manuel Castro e Matteo Yang). Os veteranos conseguiron vencer aos máis novos do clube por 4-1, aínda que houbo partidos moi axustados.

Nos outros encontros entre os equipos da comarca, SD A Baña (Álvaro, Miguel, Noelia, Paula, Zairra) púxolle moi difícil a vitoria ao Concello de Santa Comba (Cristian, Brais, Miguel Forján) no seu debut oficial nas ligas masculinas ou absolutas. Só o bo facer de Cristian e Miguel remontaron un encontro no que Álvaro, no seu debut oficial, gañaballe ao nº 1 de Santa Comba por 3-0, moitas alegrías e vitorias lles esperan aos debutantes de A Baña.

Por outra parte entre os equipos de Vimianzo impúxose a veteranía, se así se pode chamar, dos que levan máis horas de adestramento. Pois os xogadores do VTM Pinturas Figueiras (Nico, Borja, Julio e Brais) entrenadron todo o verán en Zas. Os de VTM Pizzería Hilton (Alex Soto, Eloy, Alex Antelo, Hilario, Martín) terán a oportunidade nas escolas municipais de recuperar a forma.

Vindeira cita

Esta fin de semana hai os seguintes choques:

  • Sábado 14 de outubro:
    - 1ª Galega: CONCELLO DE MAZARICOS – CTM LALÍN “B” en A Picota as 17’00 h.
    - 2ª Galega: AD ZAS O PINAR - ARTEAL “B” as 16’00 h. no ximnasio do CPI de Zas
    - 2ª Galega: AD ZAS DIMOBEL BAZAR ZAIO . ARTEAL “B” as 18’00 h, no ximnasio do CPI de Zas.
    - 2ª Galega: HÍPICA CORUÑA - SANTA COMBA as 17 h. nas instalación da Hípica de A Coruña.
  • Domingo 15 de outubro:
    - 2ª Nacional: AD VINCIOS DOMÍNGUEZ DANTAS – AD ZAS PONCIANO NIETO as 10’30 en Gondomar (Pontevedra).
    - 1ª Galega: RC A ESTRADA – AD ZAS CONSTRUCCIONES CERNADAS AS 11H en A Estrada (Pontevedra)
    - 2ª Galega: RC A ESTRADA - SD A BAÑA as 11 h en A Estrada.
 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

  • Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
  • A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
  • O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
  • Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
  • Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
  • O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
  • Fonte

    Comentarios