Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Nova fin de semana de verán cargada de fútbol da Costa

Nova fin de semana de verán cargada de fútbol da Costa
Segunda fin de semana de setembro e o balón volve rodar nos campos. Volta o fútbol da Costa e lembrade que en QPC vos ofrecemos o mellor punto de encontro para os futboleiros da Costa da Morte en www.futboldacosta.com. Botámoslle xa unha ollada ao que vai dar de si a xornada deportiva dende a Preferente ata a 3ª Autonómica, ademáis das Ligas Xuvenís. Será a terceira xornada na Preferente, que vai unha por diante. Deste xeito, dende a 1ª celebran a segunda xornada da Liga. Unha fiestra aberta á colaboración Lembrámosvos unha vez máis que a Redacción de QPC está aberta a que colaboredes connosco, pois ás veces, chegar a ducias de campos cada fin de semana non resulta doado. Aliñacións, resultados, fotografías, resumos, opinións, todo o relativo ao planeta do fútbol da Costa podedes achegárnolo en forma de liñas a [email protected] Preferente e 1ª Terceira xornada da Preferente. O Xallas de Santa Comba buscará seguir a súa xeira sen derrotas, que leva nos dous primeiros partidos. Esta fin de semana buscarán os xalleiros os tres puntos na visita a O Val, que colleitou un punto de seis posibles. O Soneira de Felipe Candamo visitará ao Laracha, que se atopa tamén cun punto e na procura da primeira tripla da tempada. E o Dumbría de López Canosa visitará a un Carral que aínda comezaba a competición a pasada semana cun empate. A 1ª Autonómica segue descubríndonos choques novos este ano, no que os nosos terán que visitar de xeito cotián as terras de Compostela. O choque que esperta máis interese é o de Camariñas de Pepucho e Ponteceso de Nacho. Os dous conxuntos da Costa estreábanse a pasada semana con derrota, polo que procurarán os primeiros tres puntos nun encontro que se desputará en terreo palilleiro. Ademáis presúmese un choque duro, pois tanto Camariñas como Ponteceso causaron boas impresións nas citas da primeira xornada. O Fisterra de Juan Jesús enfrontarase ao Estudiantil. Non foron suficientes os catro goles que anotaron os fisterráns na primeira xornada para acadar os primeiros puntos. Esta fin de semana haberá unha nova oportunidade fronte a un Estudiantil que comezaba a competición vencendo. Pola súa banda, o Malpica de Baña buscará unha nova victoria, neste caso nunha visita ao Piloño. As Ligas da Costa A 2ª chega a esta segunda xornada con dous derbis. Un carballés e outro muradán. O San Lorenzo de Gueli recibirá na casa ao Sofán. Pola súa banda, o Muros de Manolo Lago contará coa visita do Montelouro de Canelo. O Cabana do recén chegado Periscal xogará na casa fronte ao Volantes de Baño. Os muradáns buscarán a segunda victoria logo de golear na pasada semana ao Buño. Dumbría B e Corme buscarán os primeiros puntos da tempada nun choque entre ámbolos dous. O Cee de Floreal e José Carlos comezou con victoria a primeira xornada en Outes. Neste acto recibirán a un Carnota de Cambeiro que comezou en táboas. E o Corcubión de Manolín, gran goleador da primeira xornada, recibirá ao Outes de Manu Roque e Tomé. O Buño de Esmorís e o Castriz de Víctor Pazos irán na procura dos primeiros puntos do campionato logo da morea de goles que encaixaron na primeira xornada. Os Couso do Mazaricos visitarán a un Baio, veremos se recuperado, da contundente derrota colleitada a pasada fin de semana fronte aos seus veciños do Zas. Un Zas de Mario, por certo, que visitará á Esteirana de Marcelo, equipo que tamén colleitaba unha victoria no primeiro choque da liga. E na 3ª, o recén chegado Castrelo terá unha nova oportunidade de amosar as boas intencións da pasada xornada, a pesar da abultada derrota. Será na casa, fronte a un Laxe que se estreaba con victoria ante os seus. O Independiente, un dos favoritos, recibirá ao Cerqueda. Ámbolos dous equipos comezaron cun amplo triunfo a competición. Camelle e Alcaián buscarán os primeiros puntos. O Baiñas de Pato buscará un difícil primeiro triunfo ante un Coristanco que comezaba con moita forza. Outro dos novos, o Ameixenda, recibirá a un Soneira B, para tentar atopar a primeira victoria. O Lira recibirá a un Xaviña que comezaba a tempada encaixando unha goleada. O Nantón estrearase esta semana, logo de descansar na primeira xornada. Enfrontarase ao Porteño. Fisterra B e Corcoesto completan a xornada, logo dun primeiro acto con sorte dispar para ambos conxuntos. Xuvenís E en Xuvenís seguimos traballando para que nos vindeiros días sexamos quen de traervos as crónicas completas, como en tempadas pasadas.

Preferente, xornada 3

O Val 09/09 – 17:00 Xallas de Santa Comba
Laracha 09/09 – 18:00 Soneira
Carral 09/09 – 18:30 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 2

Camariñas 08/09 – 18:00 Ponteceso
Fisterra 08/09 – 18:00 Estudiantil
Piloño 09/09 – 17:00 Malpica

2ª Autonómica, xornada 2

Cabana 08/09 – 17:00 Volantes
Dumbría 09/09 – 17:00 Corme
San Lorenzo 09/09 – 17:00 Sofán
Cee 09/09 – 17:00 Carnota
Corcubión 09/09 – 17:00 Outes
Buño 09/09 – 17:00 Castriz
Muros 09/09 – 18:00 Montelouro
Baio 09/09 – 19:00 Mazaricos
Esteirana 09/09 – 19:00 Zas

3ª Autonómica, xornada 2 (Descansa Muxía)

Castrelo 2-2 Laxe
Indep. Carballo 08/09 – 17:00 Cerqueda
Camelle 08/09 – 17:00 Alcaián
Baiñas 08/09 – 17:00 Coristanco
Ameixenda 08/09 – 18:30 Soneira B
Lira 09/09 – 17:00 Xaviña
Nantón 09/09 – 17:00 Porteño
Fisterra B 09/09 – 18:30 Corcoesto

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 2

Xallas de Santa Comba 08/09 – 11:00 Dumbría
Mazaricos 4-2 Corcubión
Fisterra 08/09 – 12:00 Cee
Muros 08/09 – 17:00 Esteirana
Outes 08/09 – 17:00 Soneira

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 2 (O Baio - Muxía aprázase polas Festas da Barca)

Ponteceso 3-1 Malpica
Cabana 5-0 Camariñas
Laxe 5-0 Zas
Corme 2-1 Coristanco
Baio --/-- – --:-- Muxía

Máis información

Fonte

Etiquetas: ,

Comentarios