Xoves. 24.10.2019
El tiempo

O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B

O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B
Foto de familia da Festa estival do Futbol da Costa-Foto-Jorge Parri

Acollía o Platas reinoso a festa estival do Fútbol da Costa da Morte. O 11 Ideal, escollido por 142 persoas relacionadas co noso fútbol na III Gala do Fútbol da Costa-QPC, enfrontouse a todo un Deportivo B, sendo un premio para os mellores deste ano no noso Fútbol.
En todo caso, a intención de QPC é que este combinado sexa unha realidade e teña continuidade. Esperamos que as entidades pertinentes tomen o relevo e asuman a organización destes eventos, para que a Costa da Morte poida xuntarse un par de veces ao ano e poidamos ver en acción aos nosos mellores xogadores. Nós poñemos a semente para a re-xeración da Selección da Costa da Morte.

Unha moi boa selección ademais, como recoñeceron todos os presentes, que contaba con moita calidade, e con veteranía e xuventude, reflexadas en dous perfectos exemplos: Alejandro, eterno capitán do Corme, con 39 anos, e Christian, lateral esquerdo do XSC sendo aínda xuvenil de segundo ano, con 17.

11 da Costa-QPC - Deportivo B (2-1)

Seleccion do Futbol da Costa da Morte-Foto-Jorge Parri
  • 11 da Costa-QPC: Julián (Dumbría), Rubén Forján (XSC), Chinda (Castriz), Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría), Lucas (Corme), Brais (Corme), Jota (XSC), Doro (XSC), Aitor (Fisterra) e Javi Suárez (Baíñas). Tamén xogaron: Gato (Outes), Matías (Camelle), Víctor Vecino (Zas), Miguel Torrado (Corme), Christian (XSC), Alberto Recarey (Ponteceso), Diego Cespón (Dumbría), Toniño (Corme), Raúl (Sofán) e Leilán (Sofán).
  • Deportivo B: Riki, Jorge Callón, Adrián Martínez, Iago López, Roberto Suárez, Samuel Rodríguez, Gabriel Sanín, Ángel Fernández, Thiago, Dani Iglesias e Marcos Remeseiro. Tamén xogaron: Antonio Insua, Fernando, Issouf, Sidibé, Juan López, Kim e Abu.
  • Goles: 1-0, min.25: Doro de cabeza por enriba do porteiro; 1-1, min.60: Thiago de fermosa volea dende fóra da área pola escuadra; 2-1, min.87: Alberto Recarey a pase de Javi Suárez.
  • Árbitros: Marcos Ordóñez, Xabier Fernández e Pablo Rama.
Capitans e colexiados do choque Bo-ambiente-no-Platas-Reinoso-para-ver-ao-11-do-Futbol-da-Costa

Non se amilanou o combinado combinado costeiro ante todo un Fabril, nun típico partido de pretemporada no que o estado físico mellor dos herculinos se fixo notar na segunda metade, i é que apenas un par de clubes na Costa xa comezaron a pretemporada. Así e todo, o equipo dirixido polo escollido Mellor Adestrador do Fútbol da Costa, Manu Roque, saiu con descaro, asumindo o control de balón con Jota, Brais e Lucas combinando moi ben no medio campo. Doro buscaba entradas con perigo asociándose co seu, de novo compañeiro no XSC, Rubén Forján, e Aitor pola esquerda trataba de aliarse con Javi Suárez, moi incisivo arriba.

No ecuador do primeiro tempo, Doro cazou un balón longo, controlou e o balón quedou alto ao borde da área rematando dende aí de cabeza sorprendendo ao porteiro branquiazul cunha vaselina. Adiántabase o cadro costeiro para alegría do centenar de afeccionados que se achegaban ao Platas Reinoso.

Ruben Forjan no 11 da Costa ante o Fabril-Foto-Jorge Parri

Estirábase lixeiramente o cadro de Mosquera e Thiago desaproveitada unha inmellorable ocasión tras unha xogada pola banda esquerda pero remataba frouxo e fóra con toda a portería para el. Aí Julián tivo que facer un par de boas saídas ante algunha imprecisión da defensa costeira pero o marcador non se movería ata o descanso.

Cambiou a cor na segunda metade. O cadro fabrilista colleu o balón e dominou a posesión, pero o combinado local mantiña ben as posicións. Julián salvou un par de boas accións de Thiago, pero non puido ca terceira, unha fermosa volea dende o borde da área que se colou pola escuadra, facendo o empate.

Seguía o Deportivo B, xa internacional, cos africanos Issouf, Sidibé e Abu como barreira defensiva, así como o asiático Kim, moi activo en ataque, controlando o balón. Manu Roque xa fixera os seus cambios e o 11 da Costa colleu alento. Aguantou as embestidas herculinas e estirouse. Raúl probou sorte dende fóra da área, e xa chegando ao final, unha combinación pola esquerda entre Javi Suárez e Alberto Recarey acababa cun remate do pontecesán ao segundo pau, o que supuña o 2-1 para os da Costa.

Unha alegría para todos esta estrea con vitoria da que pode ser a semente da re-xeneración da Selección da Costa da Morte.

11 da Costa contra o Depor B

Agradecementos

Camisola do 11 do Futbol da Costa

Un partido que se puido realizar gracias á colaboración de Ferroatlántica, apoiando sempre o Deporte na bisbarra, así como á boa disposición de toda a familia do CD Baio, todo un exemplo de traballo e dedicación.
Ademais, cómpre agradecer a axuda e a presencia da Federación Galega de Fútbol, a Autocares J. Pombo polo traslado do cadro herculino, ao propio Deportivo pola súa disposición, a Acerbis polas equipacións, a Senra Sport polas camisetas de quecemento, aos colexiados pola súa disposición, e ao gran traballo de Alberto Pose e Jorge Parri na organización.

Temos que agradecer a participación dos 21 xogadores que estrearon a elástica costeira, así como lamentar a imposibilidade de vir, por diversos motivos, entre eles a celebración de varios partidos da Copa Deputación (…), como Óscar Suárez e Oscarín (ambos escollidos no 11 Ideal), como Pombo, Juan oBello, Adrián Makaay, MC, Juan Chans e algún outro xogador que non puideron asistir.

Moitas gracias e Forza o Fútbol da Costa!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios