Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O álbum de cromos do Sofán: "Raúl, fírmasme un autógrafo?"

O álbum de cromos do Sofán: "Raúl, fírmasme un autógrafo?"
Album da SD Sofan Portada do Album de Cromos da SD Sofan 14-15

Non pasou a febre dos cromos no Fútbol da Costa. Despois da exitosa experiencia do Album do ano pasado artellado por QPC, a SD Sofán colle a herdanza. E o fai da man de Manuel Varela, membro da familia QPC, que preparou ca xente de Sport Crom un fantástico álbum do equipo carballés.

Unha pasada ver aos pequenos benxamíns do club achegándose ao Carral para pedirlle autógrafos a Raúl ou a Iván Rojo, facendo completo o círculo e permitindo que os máis pequenos disfruten cos seus cromos, e que os maiores vexan o seu ego un pouco máis cuberto.

Trae o álbum, 200 cromos con todas as categorías, pero ademais, e coa intención de facer partícipes a toda a familia do club, e de ensinar aos máis cativos todo o que hai detrás, trae unha colección dos equipos historia do club.

Unha fermosa iniciativa, que fai club, que une, e que segue a liña aberta coa apertura do novo local social na antiga escola unitaria de Sofán.

Sen dúbida, bo traballo da xente da SD.

Máis cromos costeiros?

Ollo, que o equipo de QPCDeportes xa está pensando na II Gala do Fútbol da Costa - QPC para a última fin de semana de xuño, continuando o legado do ano pasado. Pero ademais tamén pensa en retomar o album de cromos para a vindeira campaña. Estaredes informados…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios