Martes. 16.04.2024
El tiempo

O alfiles e as torres internacionais tomaron o Mercado de Abastos de Carballo

O alfiles e as torres internacionais tomaron o Mercado de Abastos de Carballo
Aberto de Carballo de Xadrez 2017

Durante 3 días da pasada ponte, os produtos da horta que habitualmente atopamos no Mercado de Abastos do Concello de Carballo, compartiron espazo cos alfiles e as torres dos preto de 50 xogadores que participaron no I Aberto Concello de Carballo de xadrez clásico. Un torneo organizado polo club O Toque Xiria Carballopatrocinado polo Concello de Carballo e Carballo Deporte, válido para ELO Internacional e nacional que repartía 800€ en premios, sendo o único evento desta categoría en toda a comarca da Coruña e A Costa da Morte.

O nivel foi moi alto con 2 Mestres Internacionais, 1 Mestre FIDE e varios novos campións galegos e con papel destacado no nacional. Ademais houbo xogadores de Madrid, Verín, Ourense, Padrón, Santiago de Compostela, Lugo, Narón, A Coruña, Cambre, Arteixo, Malpica, Val do Dubra, Mazaricos, Coristanco ademais dos locais de Carballo.

Venceu, con claridade, o MI Arián González (cubano afincado en Ourense) con 6 puntos de 6 posibles, facendo unha demostración de valentía rexeitando unhas táboas na última partida indo pola vitoria. Con 5 puntos quedou 2º Diego Bugliot do Clubexa da Coruña e 3º, con 4,5, Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense e campión galego sub-14 e 5º de España).

O mellor carballés Ramiro Lema, quedando 11º con 3,5 puntos, por diante do veciño Martín Mira xogador sub-10 que realizou un gran torneo e consegue ademais obter o ELO Internacional cunha puntuación bastante alta sobre uns 1400 puntos que para a súa idade está moi ben, 3º local Sergio Vilacoba que ademais consegue tamén un bloque de ELO internacional tras gañar a un dos mellores sub12 galego (para sacar o ELO deberá xogar con 3 xogadores máis noutro torneo). Ademais, en base Joel Rellán de Coristanco quedou 1º sub10; e Darío Lema de Mazaricos 1º sub8.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios