O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada
Non comezou moi ben esta tempada o Anorthosis Vimianzo, pois ante un rival ao que tiña que gañar só conseguíu un empate. Notouse moito a falta de entrenamento, sobre todo de Gonchu, que perdeu os dous partidos que xogou, e en circunstancias normais deberia gañalos.
3ª Galega
- Cambre TM - Anorthosis Vimianzo 3-3 (13-15)
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Este ano cambiou a federacion o sistema de puntuación e cada partido vai valer un punto, así que neste caso foron tres puntos para cada equipo pero como apuntaba ao principio o Anorthosis deberia vir con catro ou máis puntos. Non foi así e agora a mirar para os seguintes encontros e conseguir gañar o máximo de puntos posible.
Tampouco Stevo xogou ao nivel esperado pois viuse superado por Antonio Suáres despois de ir gañando 2-0. A resaltar que de 6 encontros 5 finalizaron 3-2, polo que o encontro se alongou máis de tres horas. O que si venceu os seus dous partidos mfoi Miguel Rey.
Vindeira semana
En Zas o domingo 11 de outubro ás 11:00h no ximnasio do CPI de Zas: Anorthosis Vimianzo - Conxo ™.