Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Areal demostrou o potencial social do balonmán costeiro

O Areal demostrou o potencial social do balonmán costeiro
O Areal o templo do balonman costeiro Así recibía o Areal, o templo do balonmán costeiro, ao Xiria Non foi un partido máis o do venres no Areal. O pavillón camariñán acollía o primeiro derbi comarcal da temporada e as afeccións, sobre todo a local, demostrou o poderío social do balonmán na nosa bisbarra. O ambiente resultou o esperado para a gran festa do balonmán da Costa da Morte, o das grandes ocasións. Os Boya Blues foron unha auténtica festa, a pesar de que sobre o campo o potencial do Calvo Xiria decantou o partido para os carballeses. A afección verdinegra tampouco defraudou e co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero á cabeza, abarrotaron unha das bancadas do pavillón camariñán. Mais de cincocentas persoas aproveitaron o día festivo para gozar dun encontro sempre rechamante e especial entre dous equipos veciños. Ademais, en 2ª Autonómica, bo debut en liga do Balonmán Xallas, que se trouxo para Santa Comba 2 puntos dunha pista complicada.

1ª Estatal

  • Resultado: Bm. Camariñas - Calvo Xiria (16-29).
  • BM. Camariñas: Cristian Vigo (Álex Canosa e Félix); Fabián (1), Alan (3), Fari (4), Antelo (1), Eusebio (4), Xabi (1) -equipo inicial- Héctor, Catalán (2), Fran, Manuel Parga, José Manuel Romar, César e Bieito.
  • CALVO XIRIA: Iago (Antonio); Iván Amarelle (4), Brais (1), Jorge (2), Julián (2), Carlos Vilanvoa (2), Juancar (4) -equipo inicial- Pablo (7), Manu (4), Chimpo (1), Álex Calvete (1), Fran Rei, Iago, Enrique Pena (1) e Gabi.
  • MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-3, 2-5, 2-6, 5-6, 8-8, 8-10 (descanso), 11-17, 11-17, 13-20, 14-23, 15-26 e 16-29 (final).
O choque prantexábase cun cadro local necesitado de estrear o taboleiro de vitorias, e co Calvo coa ansia de seguir sumando de dous en dous. Comezaba o choque cun Camariñas moi metido no partido, pero que se encontraba cun meta visitante, Iago, que estaba a facer un partidazo. Era unha primeira metade intensa, cunhas defensas sen fisuras, na que os verdes non conseguían marcharse no marcador. De feito, a falta de 5 minutos para o descanso o choque quedaba empatado a 8, marchando aos vestiarios o cadro visitante con dous goles de bantaxe. Na segunda parte o Calvo Xiria fixo valer a súa amplitude de plantel, e nunha serie de malos lanzamentos e perdas absurdas dos locais, o Xiria comezou a correr e desfixo o partido, xa nos primeiros compases, a base de contras. As boas novas, polo mando camariñán foi a volta de Catalán, tras 9 meses de lesión, e o debut de xuvenís César, Jose e Bieito.

2ª Autonómica

  • Resultado: Balonmán Chapela - Balonmán Xallas (23-29)
BM Xallas 18-19 BM Xallas 18-19 O partido arrancou de cara para os visitantes, que pronto se despegarían no marcador gracias a intensidade defensiva e o acerto de cara a portería rival (1-6) minuto 9. Os 18 minutos, o técnico local viuse obrigado a solicitar un tempo morto xa que o marcador era de 3-10 e se lle escapaba o partido. Funcionou, xa que que conseguiron reducir a desvantaxe o descanso (11-16). A segunda parte foi un calco da primeira. Empezou dominando o Balonmán Xallas, que volveu despegarse no electrónico, si ven e certo que uns minutos malos e unhas cuantas exclusións puxeron emoción o partido xa o os locales recortaron a súa desvantaxe até 2 goles, máis a o tempo morto solicitado polo adestrador xalleiro foi vital para cortar a dinámica e volver a dominar o partido, que se resolvería finalmente por 23-29. Resultado importantísimo neste inicio liguero donde o Balonmán Xallas recibe os outros 3 semifinalistas da Copa Federación (o cuatro semifinalista son eles mesmos) e aspirantes o ascenso, nos primeiros 4 partidos de liga. A vindeira semana recibirán en Santa Comba o Bueu Atl, noutro partido vital.

Novas relacionadas

“Bm: Xiria e Boya preparan o derbi cun Xallas xa en competición” — Que pasa na costa

Comentarios