Venres. 19.04.2024
El tiempo

O atleta ceense Jorge Lariño en forma para o Campionato Galego

O atleta ceense Jorge Lariño en forma para o Campionato Galego
O atleta cense Jorge Lariño no Cross Belarmino - Foto-Alexha

Esta pasada fin de semana tivo lugar en Vigo a 34º edición do Memorial Belarmino Alonso, a competición de Campo a Través máis antiga e máis importante de Galicia (sen contar o Campionato galego). Nela contouse ca participación de gran parte dos grandes atletas galegos do momento, con participación costeira.

A proba tamén contou ca participación do atleta ceense Jorge Lariño que realizou unha magnifica proba finalizando na 12ª posición cun bo tempo de 30 min e 17 seg, detrás de atletas da talla de José Antonio Ramallo 8º (29:32), Rafael Fuentes 9º (29:47), Daniel de la Torre 11º (30:12).
O atleta ceense do Club Atletismo Narón, patrocinado por Aurora Sport, mostrábase satisfeito co resultado da proba e co transcorrer da mesma: “este resultado mostra que estamos nun gran momento de forma e supón unha motivación extra para seguir traballando de cara os Galegos de Campo a Través, que son o obxectivo para a temporada de inverno”.

Iso si, a proba foi dominada de principio a fin polo fantástico trío do New Balance: 1º Alejandro Fernandez (27:51), 2º Lolo Penas (27:53), 3º Manuel Hurtado (28:13), atletas que veñen de completar unha gran temporada con grandísimos resultados nos campionatos de España; seguidos de preto por Hassan Lekhili (28:18) e Akka Essaadaoui (28:19).

O atleta cense Jorge Lariño no Cross Belarmino - Foto-Alexha

Máis información

Comentarios