Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena

O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena
Ten motivos o Club Balonmán Camariñas - Conservas Boya para estar contentos. O equipo evitou o descenso esta pasada fin de semana e xogará polo título co grupo dos mellores na segunda fase da 1ª división autonómica de balonmán. E para celebralo, ademais da Festa deste sábado, a expedición realizou unha visita moi emotiva. O pasado xoves 23 de decembro, todos os integrantes da familia Balonmán Camariñas visitaron as instalacións do seu principal patrocinador, Industrias Cerdeimar S.L., que ademais vén de rematar o seu 125 aniversario. Xogadores, técnicos e directivos gozaron da visita asombrándose pola modernidade das instalacións e pola variedade de produtos que se estaban envasando. Tivo detalles a empresa patrocinadora cos xogadores, como non, e repartiu entre todos os asistentes un lote dos seus principais produtos, así como artigos publicitarios e promocionais.

VII Festa do Balonmán

Ademais o clube celebra esta fin de semana a súa festa de Nadal. A cita desta VII Festa do Balomnán será este sábado 25 de decembro, a partir das 23:00h no Pavillón Municipal de Camariñas. E alí estará as orquestras Chaston e Philadelphia para amenizar o pase.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto Parapar Trasancos.

Comentarios