Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal

O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal
Tras superar a primeira "final" da semana pasada, o Balonmá Camariñas afrontaba un encontro vital para meterse no grupo dos mellores e evitar a Liguilla de descenso. E deu a cara o equipo de Dioni Quenlle e volveu de Poio cunha grande vitoria que o mete de cheo co grupo de arriba, quedando 4º con 14 puntos.

Datos do encontro

  • Resultado: E.D. Poio Artai, 24 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 33.
  • Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Fari (2), Diego Alonso, Felipe (7), Martín (1), Quin (6), Moncho, Salva, Catalán (4), José Ramón (4), Xabi (4), Perón (5).
O partido dicidiuse e xogouse no primeiro tempo, que foi decisivo para que o Camariñas fixésese coa tan desexada vitoria, que evita xa definitivamente o descenso, e pasa a loitar polo título. No primeiro tempo un Conservas Aboia moi mentalizado e motivado sorprende a un Poio que quizais non esperaba a intensidade dos visitantes, véndose enseguida desbordados polo bo xogo dos de Camariñas, cunha defensa case perfecta e con Víctor na portería abortando as poucas opcións dos locais. Viuse ao equipo que todos queriamos ver, con seguridade, apromo e ben dirixido polas súas centrais, xogando así non se debe temer a ningún equipo.

Seguinte fase

Agora a segunda fase da liga que se sorteará o 28 de decembro e que estará formada por: Cangas, Viña Costeira, At. Novás, Sp.Guardés, Bueu At., Carballal, 6 do Nadal e Camariñas, que loitarán por conseguir o título a partir do próximo 15 de xaneiro.

Pero antes.... Festa de Nadal

Per antes de comezar a segunda parte da Liga o Balonmán Camariñas celebra a súa festa de Nadal. A cita desta VII Festa do Balomnán será este sábado 25 de decembro, a partir das 23:00h mp Pavillón MUnicipal de Camariñas. E así estará as orquestras Chaston e Philadelphia para amenizar o pase.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.

Comentarios