Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O balonmán e o a música enchen Camariñas

O balonmán e o a música enchen Camariñas
Uns 260 xogadores participaron o sabado na fase final provincial de balonman Uns 260 xogadores participaron o sábado na fase final provincial de balonmán Completísimo fin de semana viviron os veciños e as veciñas de Camariñas. Deportivamente falando, a vila converteuse o pasado sábado no centro do balonmán xa que se diputou aquí a fase final a nivel provincial na que participaron 260 rapaces. Dende primeira hora do pasado sábado e cun esixente calendario de competición, rapaces e rapazas de toda a provincia protagonizaron unha intensa loita en pos do título. Finalmente foron os rapaces da escola municipal de Abegondo os que se fixeron cos títulos en ámbalas duas categorías e sen deixar opción aos seus rivais. Na fase final de balonman participaron equipos chegados dende toda a provincia Na fase final de balonmán participaron equipos chegados dende toda a provincia Nenos e nenas de Carballo, Arteixo, A Coruña, Abegondo e de Camariñas foron os protagonistas da xornada deportiva. Polo que o evento, que serviu de potenciador da economía local principalmente ao sector hostaleiro, obrigou á organización e aos efectivos do departamento de Deportes a un importante esforzo durante toda a xornada. Escola de música Mais de 300 persoas asistiron ao concerto de fin de curso da escola municipal de musica Máis de 300 persoas asistiron ao concerto de fin de curso da escola municipal de música Por un lado, máis de 300 persoas ateigaron onte a Casa de Pedra da vila para asistir o concerto fin de curso celebrado polos alumnos da escola municipal de música. En total foron 55 os alumnos que se subiron ao escenario para interpretar as distintas pezas aprendidas durante o curso.  Ofreceron un amplo repertorio de temas clásicos e contemporáneos a través de distintos intrumentos (guitarra, baixo, batería, piano e iniciación musical). Ao concerto asistiron distintos represetantes do concello camariñán entre os que estaban Sandra Tedín - teniente alcalde -; Sergio Camaño - concelleiro de Cultura - e Manuel V. Alonso - o alcalde - que fixo a entrega aos alumnos e alumnas mais novos dun diploma conmemorativo. Fonte  

Comentarios