Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Bergantiños, Luís Calvo e Basket Xiria reciben 48.000€ municipais

O Bergantiños, Luís Calvo e Basket Xiria reciben 48.000€ municipais
Convenio Concello Carballo Bergantinos e Xiria

Asinados quedaron os convenios de colaboración entre o Concello de Carballo e tres das entidades deportivas máis destacadas. Convenios que teñen a intención de apoiar o asociacionismo deportivo como pilar básico para acadar un sistema deportivo participativo, amplo e diversificado. O Concello de Carballo contribuirá deste xeito, cun total de 48.000 euros, ao financiamento de diferentes actividades do Bergantiños FC, as Escolas Luis Calvo Sanz e a Escola Basket Xiria, que estiveron representadas polos seus presidentes, Luciano Calvo Pumpido, Chicha Calvo Pumpido e Marcos Díaz Molk, respectivamente. A partida máis importante vai destinada ao Bergantiños FC, con 30.000 euros para participación dun total de once equipos, entre eles un feminino e nove das categorías de base, en competicións federadas. Gastos de arbitraxes, de persoal, federativos, de vestimenta ou de desprazamentos poderán ser subvencionados con esta cantidade.

As Escolas Luis Calvo Sanz recibirán unha achega de 8.000 euros para a organización do XIII Torneo de Fútbol 7 alevín Concello de Carballo, e a Escola Basket Xiria recibirá unha subvención de 6.000 euros para o 5º Día do Pequebasket, que se celebra mañá mércores.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios