Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Bergantiños vence en Ribeira

O Bergantiños vence en Ribeira
Atlético Riveira: Juan, Jonathan, Madiop, Álvaro, Iago, Juan Carlos, Eloy, Francisco, Queiruga, Manuel Ángel, González. Tamén xogaron: Alfredo, Viturro e Rubén. Bergantiños CF: Christopher, Miguel Loureiro, Álex Figueiras, Álex Canedo, Sergio, Toni, Gonzalo Vilariño, Alexandre, Iván Amor, Roberto Piñeiro (Brais Garrido), Josiño (Luis). Resultado: 0-1: m.37 Roberto Piñeiro; 1-1: m.38 Álvaro; 1-2: m.68 Roberto Piñeiro Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo. Expulsou aos xogadores do Bergantiños, Josiño con cartón vermello directo cando xa estaba no banco e a Toni por dobre amonestación no tempo de desconto. A Preferente dou comezo esta tarde en Riveira. Partido con pouco fútbol o que se puido ver esta tarde no campo Municipal da Fieiteira no que o colexiado foi o auténtico protagonista, a pesar de que o xogador do Bergantiños, Roberto Piñeiro, foi quen de darlle a victoria ao seu equipo cos seus dous goles. O encontro estivo condicionado pola actuación do árbitro pontevedrés, Gonzalo Villanueva Carballo, que influiu claramente no resultado final. No minuto 60, o gardameta local convertiríase en protagonista logo de que o colexiado asubiara unha pena máxima cometida polo propio porteiro e na que os xogadores visitantes pedirían a expulsión de Juan pero tan só sería castigado co cartón amarelo. Logo desto, o gardameta do Riveira sería quen de deter o lanzamento do capitán do Bergantiños, Josiño. Ao final, o doblete do visitante Roberto Piñeiro serviulle ao Bergantiños para comezar a liga con bo pé e sumar os seus primeiros tres puntos da tempada de cara ao seu obxectivo, o ansiado ascenso á Terceira División.

Comentarios