Venres. 18.10.2019
El tiempo

O Bm. Camariñas asalta o liderato

O Bm. Camariñas asalta o liderato

Boa semana para os dous equipos masculinos do balonmán costeiro. O Bm. Camariñas iguala co Rasoeiro tras un choque en todo o alto. O Rasoeiro chegaba ao Areal coa vitola de líder e tras contar unha soa derrota, contando con 2 puntos máis que os conserveiros. Pero un Areal pletórico e unha segunda metade memorable deu a vitoria aos camariñáns, que igualan no alto da táboa.

Pola súa banda, o Calvo Xiria queda na 10ª praza tras vencer ao OAR Coruña nun derbi comarcal. Ademais coa vitoria os carballeses deixan aos coruñeses a 4 puntos de distancia, sendo un rival directo por evitar o descenso.

Ademais, as xogadoras do Bm. Encaixe caeu ante o SAR por goleada. Un SAR que está na parte alta da táboa, mentres uqe as camariñás mantéñense nunha 10ª posición.

1ª Autonómica, xornada 9

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Rasoeiro O Grove (31-27).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Fran, Iván Pan (2), Quin (5), Borja (8), Moncho (1), Catalán (5), Jacob, Xabi (2), Perón (6), Antelo, Damián (1).

Tras un primeiro tempo igualadísimo, dobregou o Boya ao Rasoeiro nun segundo tempo imparable. O equipo camariñán moi motivado afrontou este partido dando sempre a cara e non deixando en ningún momento ao rival anticiparse no electrónico. Con ganas e bo xogo deixaron clara a súa candidatura a xogar a segunda fase ante un rival con moi bos xogadores, sobre todo na portería e na e na primeira liña.

Polo Camariñas destacar a todo o equipo, pois baixo a dirección de Fran Puga estiveron todos os que saíron á cancha, xogando a un altísimo nivel; a única faceta onde se debe mellorar, é no lanzamento das penas máximas, pois catro penaltis fallados no primeiro tempo puideron cambiar totalmente o indeciso marcador da primeira parte.

1ª División Estatal, xornada 8

  • Resultado: Conslar OAR Coruña - Calvo Xiria (22-27).
  • Calvo Xiria (13+14): Kike [p], Cuco (3), Gonzalo (7), Chimpo (7), Dubra (3), Manuel (3), Jesús (1) -equipo inicial- Iago [p], Martín (1), Sergio (1), Rubén, Alex, Mario, Ramón (1).
  • Parciais: 2-5, 4-6, 4-8, 5-11, 6-12, 9-13 (descanso); 12-16, 13-18, 16-19, 18-21, 20-25, 22-27.

Uns 250 seareiros déronse cita no San Francisco Javier, deles preto de 75 deron folgos aos carballeses ao longo dos 60 minutos.
O duelo de rivalidade provincial da 1ª Estatal xogábase en Coruña no Pavillón San Francisco Javier. Dous equipos, os da provincia, necesitados de puntos para tratar de achegarse a unha zona máis tranquila da táboa clasificatoria. Por unha parte o OAR que recuperaba aos xogadores que tiña lesionados e por outra o Calvo Xiria que segue sen poder contar con a totalidade do seu plantel. Todo facía presaxiar un encontro igualado.

Mais non foi así, o Calvo baseándose na súa defensa e na aportación en portería de Kike foi un muro moi difícil de franquear para os coruñeses, que so nas situacións de superioridade numérica eran capaces de inquietar aos carballeses. Aos doce minutos de xogo o técnico local xa tiña solicitados dous tempos mortos xa que o ataque carballés tiña fluidez e conseguía chegar con éxito ate a meta defendida por Casero, pola contra a defensa carballesa, con moitas anticipacións, rompía o encontro. Ao descanso os xogadores do Calvo Xiria levaban unha renda favorable de catro goles cunha moi boa imaxe na pista de xogo.

O segundo tempo foi un calco do primeiro e só as dúas exclusións prácticamente seguidas de Alex daban algunha ilusión aos herculinos que tiveron balón para se achegar a dous goles, pero de novo a faceta defensiva dos carballeses saliu a relucir para frear en seco a acometida local. A pesar das defensas presionantes o Calvo manexou con tino o balón para chegar sempre a situacións cómodas de lanzamento, e so algunhas perdas nos derradeiros tres minutos impediron unha diferenza máis ampla.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro sábado viaxa o Camariñas a unha pista dificil, que é o Pavillón Virxe dos Remedios da capital das burgas, para xogar contra o Balonmán Pavillón Ourense, un equipo que gustou moito cando nos visitou na primeira volta.
  • 1ª Autonómica Feminina:
  • 1ª Estatal: O Grupo Covadonga será o próximo rival desta volta no Pavillón Municipal Vila de Noia, o sábado ás 18:00 horas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios