Martes. 19.11.2019
El tiempo

O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular

O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular
O Independiente de Uhia proclamouse campion do 36 Campionato de Barrios de Esteiro

Non puideron os Ciclóns do Maio renovar o título colleitado o ano pasado no Campionato de Barrios de Esteiro. Desta volta, e tras unha final idéntica, foi o Independiente de Uhia o que se convertiu no 36º campión desta senlleira e única competición.

É impresionante ver máis xente no Xosé Luís Vara Oliveira para un partido dun Campionato Local que en moitos campos do fútbol costeiro en plena temporada. Pero é que "o fútbol é unha drogha" en Esteiro, como nos dicía Kiko, e así o demostra este torneo.

Tras un duro mes de competición, o Indendiente proclamábase campión na finalísima do pasado xoves 15 de agosto, coma sempre da man das Festas do Carme de Esteiro. Os vermellos vencían por 3-1 aos azuis do Maio

Ademais, levaron premio o máximo goleador, Mitri, e o Manuel MJ como mellor porteiro.

Máis fútbol en Muros

E apuntamos outra data para o fútbol muradán. O "V Memorial Jano e Naso" disputarase o vindeiro 24 de agosto no Eleuterio Balayo de Muros ás 19:00 horas. O partido serán entre unha selección de amigos de Jano e Naso contra o Dumbría.


O Album de cromos do #FutboldaCosta

Novas relacionadas

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios