Venres. 19.04.2024
El tiempo

O campo da Grixa de herba natural está case listo

O campo da Grixa de herba natural está case listo

Andan no Porteño pendentes. E segundo informan hoxe dende a Agrupación Socialista de Camariñas, o Campo da Grixa está case listo. O campo xa luce as gradas nas que como novidade e ante a petición da Directiva do Porteño engadíuselle un novo pórtico para aloxar alí a Cantina.
Logo da colocación de un moderno sistema de rego a base de aspersores enterrados, esta semana remataron os traballos da colocación do céspede de herba natural, un dos poucos que vai haber na zona.

Segundo comentan dende o Concello "agora toca esperar un pouco tal como recomendan os técnicos, xa que o céspede necesita un tempo para que arraigue e poida ser usado con todas as garantías".

As obras teñen un importe de 174.000 euros co-financiados por o Concello e a Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios