Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro

O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro
O Canchester lider do 37 Campionato de Barrios de Esteiro

É, sen lugar a dúbidas, o torneo de verán máis esperado. Ata os emigrantes que volven polo verán de NY desexan participar nesta cita co deporte e a vida social de Esteiro. Xa son 37 anos do Campionato de Barrios de Esteiro e a afección cada vez está máis volcada.

Disputadas as cinco primeiras xornadas da primeira fase e unha vez que xa xogaron todos os equipos participantes, é o equipo do lugar de Creo -o Cánchester- o que ocupa a 1ª posición con 4 puntos. Dase a circunstáncia que o Cánchester, dirixido por Xosé M.García "Cascolo", está en posesión da cuchara de madeira, o premio que se lle outorga ao equipo clasificado na última posición do campionato anterior.

O Cánchester reforzouse especialmente para a disputa deste 37 edición do campionato de fútbol de Esteiro counha moi amplia plantilla na que ademais dos xogadores da Esteirana Andel e Rafa; de Uruguaio do Volantes de Baño, de Bruno do Monte Louro e de Edu do Outes; destaca a incorporación este ano do porteiro Beni de Pura, ex-xogador do Ciclóns do Maio.

Veremos como segue a cousa.

Clasificacion do Campionato de Barrios de Esteiro 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios