Venres. 19.04.2024
El tiempo

O carnotán Anxo Fernández, medalla de bronce no Campionato de España

O carnotán Anxo Fernández, medalla de bronce no Campionato de España

Segue facendo historia o taekwondo costeiro. Este pasado sábado, o carnotán Anxo Fernández acadou o bronce no campionato de España Cadete de Taekwondo, celebrado en Gandía. O primeiro da historia deste deporte na bisbarra.

Anxo, deportista do Clube Arte e Movemento, representaba á Selección Galega cadete, e gañou a semifinal a un representande de Cataluña, subindo finalmente ao podio, e deixando a parroquia costeira máis que satisfeitos, xa que con 14 anos, é un gran comezo de carreira deportiva. É só o principio, "recoñecen solo é o principio"

Tamén en Baile

Ademais, o clube participaba tamén en nunha competición de baile en Mos, na que Cristian Domínguez e Laura Rivadulla conseguiron o ouro na categoría 1º Territorial.
Ademais, Diego e Ari, rozaron o podio con un 4º posto, e Martin e Maria un 5º posto.

O proximo 12 de novembro acudiran o Trofeo cidade de Lugo.

Novas relacionadas

Fonte
  • Arte e Movemento.

Comentarios