Sábado. 19.09.2020
El tiempo

O Carrumeiro cómese o longueirón de Fisterra

O Carrumeiro cómese o longueirón de Fisterra

A vela segue a ser unha das protagonistas na Costa da Morte. Onte, varios enormes veleiros botaban amarras na vila de Corcubión e os seus tripulantes, galegos e internacionais, paseaban durante a noite.

E a vela foi protagonista tamén na fin de semana, pois o Club Náutico Finisterre celebrou o pasado sábado 04 de agosto do a primeira Regata Clasificatoria da Liga Costa da Morte de Vela, a "Regata Festa do Longueirón".

Os participantes foron:

  • Club Marítimo Carrumeiro: 6 Optimist e Multiclase 3 Topaz.
  • Club Náutico Finisterre 2 Optimist e Multiclase 2 Topaz e un Omega.

O día amenceu chuvioso cunha suave brisa que permitio facer a regata, pero os nosos novos regatistas tiñan que estar moi atentos xa que o vento era moi inestable en intensidade e dirección. De feito, non se puido levar acabo unha terceira manga para resolver o empate xa que o vento calo e a choiva era incesante.
Puidéronse realizar tres mangas de Optimist e 3 para os multiclases Topaz, Omega.

O Carrumeiro arrasou

En Optimist C.M. Carrumeiro Paula Trindad co seu optimist Hortensias mantivo o liderado en segunda posicion mantida nas dúas mangas. A súa compañeira Elena Coronilla co Santitel quedou segunda e a terceira posición foi compartida en puntos e en postos polos corcubioneses Iosune Muiño Bermudez de Castro co Insua e Nicolas Toba Quintero con El Horreo.

Na Multiclase marcaron o liderado nas dúas mangas para o Carrumeiro, con Marcela Corbelle Lopez de patrona e Cristina Fernández Trillo de proel. A segunda posición foi para o Finisterre con David Fernández Camacho e Yoel Lorenzo Traba. En terceira posición os fisterráns Marcel Van Doorseñaer Arregui, Antonio V.Martinez Calvo e Mercés Gutierrez Alonso.

Ás 17:00 realizar a Entrega de Trofeos á cal Acudio O Alcalde de Finisterre José Manuel Traba Fernández, o Concelleiro de deportes e cultura Santiago Insua Esmorís-Recamán, o comodoro do cub Jose Carrillo e o Presidente Pepe Marcote.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Carrumeiro.

comentarios