O CDM Piragüismo Dumbría acada catro medallas na copa galega de promoción de Slalom
08:12 09/08/16
Brais Sánchez Cancela impusoxe na categoría de Benxamín dentro da copa galega de Promoción de Slalom
Un cento de rapaces e rapazas entre 8 e 14 anos procedentes de toda Galicia déronse cita a pasada fin de semana na contorna da fervenza do Ézaro para disputar a copa galega de Promoción de Slalom. O equipo da casa, o CDM Piragüismo Dumbría acadou catro medallas, dúas de ouro e outras tantas de bronce.
Algunha que outra racha de vento complicou o traballo dos arbitros ainda que as probas discurriron sen ningún tipo de contratempos cumplindo cos horarios previstos, e coronou un ano máis ó Club Piragüismo Penedo de Caldelas de Tui coma gañador da proba, seguido no podium polo CP Tea de Mondariz e do CDM Piragüismo Teixugos.
En canto a actuación dos rapaces do CDM Piragüismo Dumbría, Marcos Sánchez Cancela sumou un novo triunfo antes de desplazarse a Murcia concentrado cos mellores infantiles do estado, e coa vista posta no Campeonato de España que se disputa a vindeira fin de semana na vila de Calasparra e á que chega como primeiro clasificado do ranking nacional. O seu irmán Brais Sánchez Cancela xa empezou a seguirlle os pasos, e tamén se impuña na categoría Benxamín repetindo o triunfo que fai un mes acadara en Monforte. As medallas de bronce foron para Alexia Canosa Rojo e Aroa Lopez Piñeiro no kayak femenino Alevín e Benxamín respectivamente.
Esta proba realizouse grazas á colaboración dos membros do CDM Piragüismo Dumbría, ao concello de Dumbría, Ferroatlántica e o Museo da Electricidade do Ézaro.
Novas relacionadas
- Un sabroso bronce dumbriés nos Campionatos de España de Slalom de Sort
- Gran paricipación dos peques do Sen Siras e do Piragüismo Dumbría en Monforte.
- Tres medallas para o Piragüismo costeiro en Sabero.
- Mazaricos acolleu unha proba da Copa Slalom Galego
- A Costa da Morte triunfa na Copa de España de Piragüismo.
- Os padexeiros costeiros sufriron a esixencia da I Copa Eslalom en Lleida
- Os padeixeiros costeiros prepararon en Salvaterra a Copa de España de Slalom.
- Os clubs de piragüismo costeiro arrincaron a tempada cunha proba internacional.
- Ferroatlántica renova o seu compromiso cos clubes de volei e piragüismo de Dumbría.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected]).