Mércores. 17.07.2019
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría remata en Huesca entre os 8 mellores de España

O CDM Piragüismo Dumbría remata en Huesca entre os 8 mellores de España

A participación do CDM Piragüismo Dumbría na primeira competición da Copa Galega de Promoción de Slalom se saldou con dous sextos postos a cargo de Martín Quintáns no C1 Infantil, e Kiara Martínez no K1 infantil femenino.
Ademáis tamén competiu Ramón Lado, aínda que finalizou non entrando no tempo de control.

O equipo dumbries acudía a vila hoscense de Fraga coa intención de, sobre todo, ver onde estaban os seus palistas de cara ó Campeonato de España que terá lugar en Dumbría o vindeiro 4 de agosto. Nesta competición, a máis importante da tempada, e tendo en conta que os de Dumbría exercerán de anfitrións é onde se terán que dar os mellores resultados. Mesmo así facendo unha valoración despois da competición hai que destacar a xuventude respecto a outros participantes dos palistas do CDM Piragüismo Dumbría, o que fai que nestas edades a diferencia de meses entre rapaces marca diferencias físicas evidentes á hora de competir. Martín Quintáns fixo dúas mangas excelentes, destacando sobre todo a primeira. Kiara puido conseguir mellor posto, pero os nervos non lle deixaron rendir nin de lonxe ó seu mellor nivel. Hai que ter en conta que Kiara debutaba nunha Copa de España. Por outro lado Ramón Lado, ainda quedando fora de control, fixo dúas mangas moi dignas.

Vindeira Competición

A vindeira competición de esta Copa de España de Promoción terá lugar na vila Lleidense de Sort, o vindeiro 28 de xullo.

Máis novas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do CDM PIragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.

Comentarios