Venres. 19.04.2024
El tiempo

O ciclismo invade Carballo

O ciclismo invade Carballo
Cartel-trofeo-junior-carballo-2016_150dpi As estradas de Carballo encheranse este sábado de ciclistas debido á celebración do torneo Júnior do clube Ciclista Carballo que terá lugar mañá sábado a partir das 16:30 horas. Ésta é unha proba de categoría nacional aprobada pola Federación Galega de Ciclismo e pola Real Federación Española de Ciclismo que ademais de contar con máis de 60 corredores ten confirmada a asistencia de dous equipos de León: o Dipuleon–Bembibre e o Arte en Transfer. O primeiro achega 4 corredores e o segundo 15, que se suman aos participantes de todos os equipos de Galicia. Trátase da terceira cita en importancia do calendario, despois das de Teo e Friol. O clube Ciclista Carballo, baixo a dirección de Juan Seoane, presenta a tres participantes: Manuel Cendán, Diego Abelenda - os dous de Carballo - e Kevín Martín -de Coristanco. Percorrido e premios O clube Ciclista de Carballo, en colaboracion co concello, e o encargado de organizar esta cita deportiva O clube Ciclista de Carballo, en colaboración co concello, é o encargado de organizar esta cita deportiva Respecto do circuíto, a saída neutralizada e a meta estarán na praza do Concello na zona da rúa Gran Vía, con saída real dende a rúa Fomento e cun percorrido de dúas voltas por Coristanco, Cereo e Agualada, con regreso á capital municipal pasando por Rus para completar 73,7 quilómetros. O premio da montaña, patrocinado por perruquería Maribel será nos quilómetros 18 e 54,8; mentres que a meta volante, a cargo de panadaría Añón, será nos quilómetros 32 e 68,7. No que se refire aos premios, terán un importe total de 255 euros repartidos entre os dez primeiros clasificados, con 60 euros, trofeo - na imaxe sostido pola presidenta do club, Vanesa Loureiro - e ramo para o primeiro clasificado; 50 euros e trofeo para o segundo; e 40 euros e trofeo para o terceiro. O clube agradece a colaboración das arredor de medio centenar de persoas que contribúen desinteresadamente á celebración da proba, incluído os propios representantes do clube, Protección Civil, Policía Local e doce motos da Garda Civil de Tráfico. Tamén de todas as entidades patrocinadoras e colaboradoras, incluído o concello. Fonte

Comentarios