Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O circuito Correndo pola Costa da Morte chega a Zas

O circuito Correndo pola Costa da Morte chega a Zas
O próximo 2 de xuño, o V circuito Correndo pola Costa da Morte chega a Zas que participa neste circuito xunto cos concellos de Camariñas, Corcubión, Cee, Carnota, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Vimianzo. Esta edición está sendo unha das de maior participación. Os/as interasdos/as en participar nalgunha das probas poden anotarse ata o 30 de maio a través da páxina www.championchipnorte.com e www.correndopolacostadamorte.com. Os/as corredores/as que se anoten o próximo luns, 28 de maio, teñen desconto e pagarán 8€ + 1€ de aluguer do chip. As inscricións que se formalicen o martes e o mércores (29 e 30 de maio) terán un custe 15€ +1€ de aluguer do chip. As categorías de base (pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) tñene de prazo para anotarse ata o 30 de maio e a inscrición é gratuíta. As probas disputaranse na tarde do sábado día 2. Primeiro será o turno dos benxamíns e alevíns que sairán da meta ás 17:00 horas. Un pouco máis tarde, ás 17:30 horas farano os participantes nas categorías infantil, cadete, xuvenil e os da absoluta 3k Contra o Cancro. Ás 18:10 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50 e Adaptada. E xa por último, ás 19:30 horas sairán os pitufos. Percorrido Tanto a saída como a chegada estará ubicada na praza do concello. O percorrido será similar ao das anteriores edicións e discorrerá polas parroquias de Zas, Castro e Loroño para bordear o monte do Castro. A de Zas está considerada como unha das carreiras “máis verdes” de todo o circuíto xa que o se percorrido atravesa zonas nas que domina a vexetación. Novas relacionadas Fonte

Comentarios