Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Club Voleibol Dumbría acada o 10º posto no campionato nacional

O Club Voleibol Dumbría acada o 10º posto no campionato nacional
alevin-masculino-voleibol-dumbria Xogadores e entrenadores do equipo alevín masculino do colexio Manuel Rial Mouzo, pertencente ao Club Voleibol Dumbría Entre o 22 e o 24 de xuño tivo lugar en Valladolid o III campionato de España de Voleibol no que participou o equipo alevín masculino do colexio Manuela Rial Mouzo, pertencente ao Club Voleibol Dumbría. No campionato, no que participaron 64 equipos, o dumbriés acadou o 10º posto. A competición tivo lugar no pavillón Pisuerga. Os representantes da Costa da Morte pasaron segundos de grupo despois de vencer os encontros ante o Bumayé de Valladolid e o Haris de Tenerifes e de perder ante o Mintonette de Almería, que finalmente se proclamou campión nacional. Na fase de oitavos de final, os de Dumbría perderon ante o Boiro, que rematou en 2ª posición do torneo pasado a disputar os postos do 9 ao 16. O seu primeiro rival sería o Playas de Benidorm ao que venceron nun axustado encontro por 2-1 Desta forma, os de Dumbría xa estaban entre os 12 primeiros e o seguite rival foi o Cisneros de Gran Canarias ao que venceron polo mesmo resultado. Na disputa ente o 9º e o 10º postos ante o CV Fuente de Andalucía de Sevilla perderon por 2-0, rematando así a súa participación no 10º posto. O conxunto dirixido por Luis Alberto Fernández eDavid Redonda estivo formado por Tiago Fernández, Iago Larrañaga, Matías Lemus, Álvaro Abeijón, Carlos Trinidad, Ismael Domínguez e Samuel Lema. Foi a primeirva vez que os xogadores participaron nun torneo nacional ainda que dende o club agardan que podan repetir o ano que vén. Novas relacionadas Fonte

Comentarios