Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato

O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato
David Larino co Cabo Tourinan David Lariño, á dereita, co Cabo Touriñán nun partido da pasada xornada

Chegou o ecuador da 2ª División da Liga Galega de Xadrez. Tras 6 xornadas disputadas, e con 5 por disputar, segue moi apretada a loita polo campionato Unha loita na que se mantén líder invicto o Club Xadrez Cabo Touriñán, pelexando cos Pub Musaraña de Vilagarcía e o Milladoiro.

CXF. A Marina 1 - Cabo Touriñán 3

Resultados por taboleiro:
  • Javier Otero – David Lariño 0-1, Lariño fixo os 7 primeiros movementos de peón, sendo o primeiro 1…a6. Conseguiu dous peóns de ventaxa e levou as pezas ao ataque gañando a partida sen problemas.
  • José Soneira – Iago Sieira 1-0, José chegou apurado de tempo e cometiu varias imprecisións pero o seu rival non conseguiu ventaxa e logo de moitos cambios de pezas chegouse a un final  de torres que eran taboas pero o xogador de Vilagarcía cometiu o último erro da partida e tivo que abandonar despois de poucas xogadas.
  • Antonio Jerez – Manuel Lamas, A partida estivo igualada, sendo o xogador visitante o que levaba a iniciativa pero inexplicablemente deixouse unha Torre e tivo que abandonar.
  • Santiago Pérez Haz - Benito Dios Otero, Santi preparou un esquema de apertura con Lariño e deulle bo resultado. A partida estivo igualada ata que o xogador local decidiu atacar pero deixouse unha peza no intento e posteriormente outra e Santi fixose ca vitoria.
 

Vindeira xornada

A próxima fin de semana xoga o Touriñán en Muxía contra A Estrada.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

Comentarios