Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Clube Arte e Movemento mete 23 taekwondistas no Campionato Galego

O Clube Arte e Movemento mete 23 taekwondistas no Campionato Galego
Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada

O pasado sábado 20 de outubro, o Club Taekwondo Arte e Movemento desprazou a 46 deportistas a Sada, para participar na Copa Deputación. Tratábase da Fase Provincial da Coruña, clasificatoria para a Copa Xunta de Galicia, no somentes pasaban os 3 primeiros de cada categoría.

O 50% de clasificados (23 dos 46 presentados) é unha marca máis que satisfactoria para o clube tendo en conta que, para moitos dos nenos, era a primeira competición oficial. Así e todo houbo moitas sorpresas positivas.

A emoción era palpable no ambiente tanto para os pais como para os nenos. Ademais, a atención estivo fixada na presencia do medallista olímpico en Londres 2012, taekwondista canario Nicolás García. Todos paproveitaron para facerse fotos, pedirlle autografos nos seus cintos de taekwondo, doboks, etc,…

Familia do Taekwondo de Arte e Movemento en Sada co medallista olimpico  Nicolas Garcia

Gran competición

Finalmente a mañá foi inmellorable para Arte e Movemento. En case tódolos podios estaba a Costa da Morte, e mesmo 2 podios foron totalmente para Arte e Movemento, con un total de 23 clasificados para A Copa Xunta de Galicia, que se celebrará no proximo mes de novembro. Alí enfrontaranse os 3 primeiros clasificados das 4 provincias entre si.

Estes son os podios acadados polos deportistas da Costa da Morte:

  • A2 Adulto masculino:
    - Ouro: Manuel Alonso Alonso (Cee) - Ouro.
  • A3 Adulto masculino:
    - Ouro: Juan Luis Lista Antonio (Muxía) - Ouro.
    - Prata: Marcos Rodríguez Rodríguez (Carnota).
    - Bronce: Juan Alvarellos Martínez (Cee).
  • C2 Adulto masculino:
    - Ouro: Gonzalo Martínez Calvo (Muxía)
  • B1 Adulto faminino:
    - Prata: Patricia Tuñez Lema (Cee).
  • A2 Infantil:
    - Ouro: Carla Martínez Castreje (Cee).
  • C1 Infantil:
    - Bronce: Adrián Rodríguez Priegue (Cee).
  • C2 Infantil:
    - Ouro: Paula Ezara (Cee);
    - Prata: Martín Franco Freire (Vimianzo).
  • C3 Infantil masculino:
    - Prata: Álvaro Lado Domínguez (Mazaricos).
  • C4 Infantil masculino:
    - Prata: Álex López Vieira (Cee).
    - Bronce- Lucas Toba Casal (Muxía).
  • D3 Infantil masculino:
    - Ouro: Ismael Senande Fernández (Carnota).
  • E2 Infantil masculino:
    - Ouro: Ángel Alonso Rama (Carnota).
  • E4 Infantil masculino:
    - Prata: Anxo Fernández de la Iglesia (Carnota).
    - Bronce: Adrián Saborido García (Carnota).
  • D1 Infantil feminino:
    - Ouro: Sara Fernández Sande (Cee).
    - Prata: Paula Insua Domínguez (Fisterra).
  • D2 Infantil feminino:
    - Ouro: Andrea Pazos Pérez (Vimianzo).
    - Prata: Mar Marcote Domínguez (Cee).
    - Bronce: Zoraida Barrientos Rey (Muxía).
  • E2 Infantil feminino:
    - Ouro: Marta Sambade Rodríguez (Cee).

Un carnotán no Campionato de España

Anxo Fernández foi seleccionado, como vén sendo así toda a temporada, para representar a Galicia, pero nesta ocasion tratase do Campionato de España Cadete 2012, que se celebra este sábado 27 en Gandía. Anxo viaxa xa xunto coa Seleccion Galega de Taekwondo en autobús.

O carnotán será o primeiro taekwondista da Costa da Morte que participa nun campionato de España.
A Federacion Galega de Taekwondo soamente presenta a un deportista por peso, co cal recae sobre Anxo unha gran responsabilidade. Pero tamén para el esta é unha gran oportunidade.

Novas relacionadas

Fonte
  • Arte e Movemento.

Comentarios