Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O combinado do 11 ideal da Costa, elixido na III Gala do fútbol, enfróntanse ao Deportivo B en Baio

O combinado do 11 ideal da Costa, elixido na III Gala do fútbol, enfróntanse ao Deportivo B en Baio

Como xa anunciaba Alberto Pose na III Gala do Fútbol da Costa, e tras unha marea de negociacións, o 11 Ideal escollido por 142 persoas relacionadas co noso fútbol, poderá estrear camisola. O domingo 27 de xullo un combinado da Costa da Morte vestirase de curto para enfrontarse ao Deportivo B no Platas Reinoso de Baio ás 18h.

Pese a que a pretemporada xa ten os primeiros enfrontamentos e que a Copa Deputación arranca ese mesmo fin de semana, esperamos poder contar con todos. A cabeza do combinado estará o mellor adestrador da campaña, Manu Roque, no campo, Julián (Dumbría), Rubén Forján (XSC), Oscarín (Dumbría), Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría), Lucas (Corme), Brais (Corme), Doro (Dumbría), Aitor (Fisterra), Óscar Suárez (Malpica) e Javi Suárez (Baíñas) ofrecen un once de garantías para facer fronte do filial deportivista adestrado por Manuel Mosquera. A este combinando de once xogadores acompañarano outros tantos elixidos seguindo o ranking de máis votados en cada posto.

11 Ideal do Futbol da Costa menos Oscar Suarez e Aitor-Foto-David Castro

Gracias ao patrocinio de Ferroatlántica. E desta volta, quen fai posible que esta acción se leve a cabo é Ferroatlántica. Volcada, coma sempre, co deporte modesto, unha das empresas de maior dimensión da Costa da Morte quixo poñer o seu gran de area para facer posible este encontro, coa esperanza posta en que algún día se creen e consoliden uns piares para formar unha auténtica Selección da Costa.

Hai que agradecer tamén toda a colaboración e boa predisposición do C.D. Baio na organización do encontro, ceden as súas instalacións e prestarán todo tipo de confort a xogadores, corpos técnicos e colexiados para que se sintan como na súa casa. Non nos podemos esquecer de Senra Sport, polo seu patrocinio, e a Autos Pombo, pola súa colaboración.

Por último, recoñecer, unha vez máis, o traballo incansable de dous colaboradores desta casa como son Alberto Pose e Jorge Parri, ambos puxeron moito empeño e dedicación na organización do choque.

Comentarios