O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa
Esta pasada fin de semana a familia do tenis de mesa soneirán volvía á normalidade coas competicións ligueiras, tras disfrutar dos campionatos estatais. Só o equipo de nacional conseguía sumar os puntos, mentres o Mazaricos quedou as portas de sumar 3 importantes puntos de cara ao ascens.
3ª División Nacional
- Resultado: AD ZAS PONCIANO NIETO - CAMBRE TM (6-0) (18-1).
Superioridade do AD Zas Ponciano Nieto ante un Cambre TM que se desprazou con xogadores non habituais pois xa prevían a derrota. Así os xogadores de Zas gañaron todos os seus partidos con comodidade e so Brais Blanco cedeu un set máis para que eles non levasen ese casilleiro a cero que por outra cousa. Resaltar que no ximnasio de Zas non se superaron os 0º de temperatura durante todo o encontro polo que ao final todos xuntos foron tomar algo quente e falar de tenis de mesa pero non dos partidos disputados pois estes non tiveron historia.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: CONCELLO MAZARICOS – OROSO TM HOTEL SANTA CRUZ 3-3 (13-11).
- Resultado: SANTA COMBA - OROSO TM HOTEL SANTA CRUZ 0-6 (1-18)
- Resultado: LICEO NOIA “E” - VIMIANZO TM 4-2
Non puido refrendar o Concello de Mazaricos a súa candidatura ao ascenso e fallou ante outro dos candidatos a dito obxectivo. E pintaban ben as cousas pero no último partido fallou José Ángel que despois de ir gañando 2-0 con soltura, deixouse ir e perdeu 2-3 e así os de Oroso levaron un empate co que non contaban.
Logo nada poideron facer os de Santa Comba ante uns xa crecidos xogadores de Oroso e estes foron moi superiores aos xalleiros, con todo Brais Gesto e Cristian Vilar fixeron frente e disputaron sets moi reñidos.
Desprazáronse os de Vimianzo cun equipo de circunstancias ata Noia e así só Laura conseguiu gañar os seus partidos pero valiulle aos demais para coller experiencia. A gripe, as lesión e outras ocupacións priváronlle aos de Vimianzo de sacar algo positivo deste desprazamento.
Novas relacionadas
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.