Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Corme renuncia á Fase de Ascenso á 1ª. O Mazaricos intentará a fazaña

O Corme renuncia á Fase de Ascenso á 1ª. O Mazaricos intentará a fazaña
Corme e Mazaricos desta Liga da Costa Corme e Mazaricos nesta Liga da Costa

Copa da Costa e Fase de Ascenso, tanto en Sénior como en Xuvenís, son demasiado para afrontar para o Corme. O Corme renuncia á Fase de Ascenso á 1ª Galicia. Algo que xa era visto, aínda que intentaron mantelo calado para non condicionar a competición. E de feito mantiveron o nivel competitivo ata o último partido, vencendo ao Lira e superando ao Mazaricos nesa segunda praza.

Agora tócalle ao Mazaricos tomar o tomar o relevo. Os de Roberto Amoedo intentarán dar o salto de categoría despois dunha grandísima temporada. “É un bo premio para os xogadores”, coméntanos o presidente, Emilio Carreir. “Para os obxectivos que tiñamos ao comezar a temporada, que era a permanencia, chegar a onde chegamos foi un premio moi grande. Pero unha vez que estás aquí, quedar ás portas tanto da Liga como da segunda praza, era un pau. É certo que tivemos un baixón nas últimas xornadas, por algunha baixa e algo de mala sorte, porque cando a pelotiña non quere entrar… Pero bueno, agora se renuncia o Corme nós si que queremos intentalo. Se o conseguimos, fenónemo, se non volveremos á Costa encantados”, apunta o presidente.

As razóns do Corme

”Mesmo sendo campións ían renunciar igual ao ascenso”, explica Suso da Torriña. “Non é o noso sitio. Nós somos da Costa, perfecto, non hai volta que darlle, pero non somos de Santiago, Barbanza… Xa hai anos que o denunciamos pero hai moita política polo medio. Se nos deixaran ascender á Coruña si que iamos seguro, porque si que é a nosa zona, e mesmo temos unha ducia dos nosos xogadores que viven na Coruña. Pero xa estivemos un par de anos nesa 1ª santiaguesa e os xogadores non van coa mesma ilusión, non a disfrutamos, e ademais os socios non van a ver os partidos como van na Costa. Non é unha cuestión económica, pero non lle podemos esixir a xogadores máis sacrificio do que fan”, explica.

Aínda ten un completo final de temporada a familia cormelá. Copa da Costa de maiores, Copa da Costa e Fase de Ascenso en Xuvenís e Copa da Costa en Cadetes.

Suso critica tamén que os Xuvenís teñen que xogar Fase Previa entre os campións de Coruña (San Tirso) e Costa (o propio Corme), ao ser un só sector, non como Santiago, Ferrol e Lugo que disputan o ascenso a unha soa eliminatoria. Deste e xeito terá que superar 2 eliminatorias para ascender. Se cae nalgunha destas dúas, volverá entrar na rolda de eliminatorias tendo que superar outras 4.

Fonte

Comentarios