Martes. 23.04.2024
El tiempo

O deporte feminino conquista Carballo

O deporte feminino conquista Carballo
carballo-conquista-elementos carballo-conquista-elementos Chega a Carballo o novo programa da Deputación da Coruña en prol da promoción e impulso da visibilidade do deporte feminino na sociedade. A iniciativa presentouse onte e hoxe proxectarase o segundo dos Video-forum Muller e Deporte. Durante o acto de presentación de onte, no que participaron a responsable da área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña - Ánxela Franco -; o alcalde de Carballo - Evencio Ferreiro - e a concelleira de Igualdade e Benestar de Carballo - Maica Ures - expuxeron as principais características dunha campaña que ten por obxecto divulgar, sensibilizar e potenciar a visibilidade do deporte feminino na provincia. A biblioteca Rego da Balsa de Carballo acollerá hoxe, ás 19:00 horas, a proxección do documental “Contra os elementos”. Unha reportaxe que precederá ao relatorio-debate no que destacadas deportistas galegas comentarán co público asistente as súas experiencias persoais e as diferentes situacións polas que atravesan as mulleres no mundo do deporte. Desta volta, as deportistas convidadas para participar na mesa redonda son a xogadora e actual delegada do CRAT da Coruña, Belén Iglesias, e a xogadora e seleccionadora galega de fútbol sala, María Bardanca, quen analizarán a realidade do deporte feminino na actualidade e as diferentes coxunturas que tiveron que superar durante a súa traxectoria deportiva. A participación nas actividades do programa “Conquista os elementos” fica aberta a todo o público, estando especialmente deseñadas para a mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais. conquista-elementos-carballo Evencio Ferrero, Ánxela Franco e Maica Ures presentaron onte en Carballo o novo programa da Deputación da Coruña A deputada provincial, Ánxela Franco destacou que a iniciativa pretende ser “unha forma de crear debate arredor da muller, da igualdade e do deporte”, avogando pola implicación das institucións públicas para avanzar no eido da igualdade. Neste sentido, lamentou que ainda existan federacións que “traten de xeito discriminatorio as mulleres con respecto dos seus compañeiros que son varons” e incidiu en que “a igualdade conquistase co esforzo e co traballo diario”. Pola súa parte, o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro gabou a iniciativa da Deputación e indicou que é preciso “se produza a visualización da muller no deporte”, pois pese a contar co recoñecemento deportivo “o recocemento social non vai parello”. Amosando o seu desexo de que con este tipo de iniciativas se expanda a igualdade no deporte. Finalmente, a concelleira de igualdade e Benestar carballesa, Maica Ures, criticou que “cando se fala de deporte feminino, os premios, os patrocinios e os salarios son menores” con respecto das modalidades masculinas, e subliñou que “as mulleres son igual de boas, igual de bravas e igual de loitadoras cos homes”. Obxectivos Entre os obxectivos que procura a campaña “Conquista os Elementos” da Deputación da Coruña atópanse: amosar realidade das deportistas galegas, reivindicar a súa proxección deportiva, contribuír a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva, coeducar en igualdade de oportunidades e rachar cos estereotipos de xénero todavía presentes na sociedade. Co acto de hoxe, a capital bergantiñá colle o relevo de Santiago de Compostela, cidade onde tivo lugar o primeiro dos videoforums que durante este ano percorrerán ata 23 concellos da Coruña. Así, Arzúa, Ribeira, Negreira, Betanzos, A Coruña, Oleiros, Cambre, Arteixo, As Pontes, Ferrol, Narón, Cee, Muros, Porto do Son, Ordes, Ortigueira, Ames, Padrón, Melide, Vimianzo e Santa Comba, serán as vindeiras localidades que acollan os video-forum do programa “Conquista os elementos”, nos que participarán persoeiros relevantes do eido deportivo de candansúa comarca. Fonte

Comentarios