Martes. 16.04.2024
El tiempo

O descenso da Liga da Costa, pendente dun recurso por aliñación indebida

O descenso da Liga da Costa, pendente dun recurso por aliñación indebida
Jon cos Xuvenis do Cee o ano pasado-Foto-Sergio Cambeiro Jon, cos Xuvenís do Cee o ano pasado-Foto-Sergio Cambeiro

6 equipos están inmersos a día de hoxe na loita por evitar o descenso da 2ª Galicia. Os posibles arrastres poden producir 3 ou 4 descensos (dous de xeito directo e outro ou outros dous por hipotéticos descensos de San Lorenzo, Baio ou Fisterra), de xeito que os 6 equipos de abaixo atópanse nunha loita sen cuartel, con só 8 puntos de distancia entre o Lira (11º con 33 puntos) e o Outes (pechacancelas con 25) a falta de só 3 xornadas para o remate. No medio, Buño, Coristanco, Camariñas e Cee.

Precisamente o Cee afronta esta semana unha situación comprometida. Buño e Coristanco veñen de presentar un recurso por suposta aliñación indebida do xogador Jon. O corcubionés estivo xogando boa parte da temporada no Corcubión Xuvenil, onde saía expulsado o 24 de febreiro, sufrindo unha sanción de dous partidos.

Varias semanas despois, tras varias xornadas nas que ao Corcubión xuvenil lle tocaba descansar, fichaba polo Cee, que non o aliñaba o primeiro choque pero si que comezaba a aliñalo no segundo partido, despois de facer unha consulta na FGF.

A pesar de que nin Ponteceso, nin Zas (os equipos contra os que se enfrontou o club ceés con Jon na aliñación) quixeron denunciar, si que o fixeron esta semana dous dos equipos envoltos na pelexa polo descenso.

O Cee ten 24 horas para presentar alegacións, pero se enfronta a perder o partido que vencía ao Zas por 1-0, o que daría un envorco importante á clasificación.

Está previsto que o Comité se reúna de urxencia mañá venres para decidir o caso, pois a xornada cambiaría moito.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios