Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Duatlón de Muros, a piques de pechar as inscricións

O Duatlón de Muros, a piques de pechar as inscricións

A falta de máis de 2 meses para a celebración do III Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros, que terá lugar na vila de Muros o 21 de abril, as prazas para poder participar están preto de agotarse, xa que só quedan 15 das 150 ofertadas. Desta forma en pouco máis de 10 días (dende o 5 de febreiro) dende que se abriron as inscricións na web www.emesports.es o fluxo de inscricións foi moi alto, feito indicador de que a proba estase a facer un furado nos calendarios dos deportistas galegos.

Destaca a presenza de numerosos deportistas do club do Barbanza, Artrogal Tri 498 ou do Club Olímpico de Vedra e do Club Kurai.

Este ano o evento cobra un carácter solidario e desta maneira todos/as os/as participantes da próxima edición poderán donar voluntariamente no momento da inscrición un 1,00 € á ONG, Proactiva Open Arms. Proactiva Open Arms é unha organización non gubernamental e sen ánimo de lucro que ten como principal misión rescatar do mar ás persoas refuxiadas que chegan a Europa fuxindo dos conflitos bélicos, das persecucións ou da pobreza.

Inscrición

Neste momento aínda quedan prazas dispoñibles e poden formalizarse a inscrición na web www.emesports.es e pódese obter máis información na web duatlon.muros.es

Comentarios