Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Dumbría CF supera un complicado ano nas Ligas Galegas

O Dumbría CF supera un complicado ano nas Ligas Galegas

Que difícil é competir en categoría autonómica. Vivímolo cada vez que hai fases de ascenso e os nosos caen como plumas ás primeiras de cambio. E comprobouno este ano o Dumbría, con 3 equipos en Ligas Galegas, no que os costeiros sufriron máis do previsto, disfrutando así e todo un ano máis dun nivel fantástico no Conco.

Gracias a Serguei facemos este repaso aos 3 equipos, na semana que remataron as longas, longuísimas, competicións ligueiras.

CF Dumbría Cadete - Liga Galega 2016/17

Cadetes do Dumbria o dia da salvacion Cadetes do Dumbria o dia da salvación

Na categoría a cadete a plantilla foi moi curta todo o ano, con apenas 15/16 fichas. Pero maioría de rapaces que estiveron ás ordes de Julio Vila e Diego Cespón (e Pablo Conde na recta final cando non podía estar Cespón) xa tiñan experiencia de xogar en Liga Galega infantil, de feito gran parte deles descenderon hai dous anos e o ano pasado volveron ascender, acadando liga, copa e ascenso.

Así se entende que co 80% do equipo sendo estes nenos e todos de primeiro ano con apenas reforzos, houbo que fichar algúns xogadores e sobretodo xa a mediados da liga. As lesións tampouco axudaron e o equipo estivo sempre inmerso na loita por evitar o descenso, coa auga ao pescozo.

Foi na derradeira xornada cando conseguiron a salvación da categoría, a pesar da derrota do mundo do fútbol, e gracias a que o Boiro non sumou.

 

CF Dumbría Xuvenil - Liga Galega 2016/17

Os xuvenís do Dumbría era dos tres equipos de Galega que maior nivel tiñan. Considerados xa xogadores contrastados de xogar nesa liga en tempadas pasadas sendo cadetes (competindo en División de Honra) e algún incluso de infantil. As expectativas a principio de temporada eran de competir ben e acadar a zona media/alta da clasificación, de feito na primeira volta da competición o equipo sempre estivo nos postos altos, pero moitos dos xogadores xa tiveron que ir convocados co equipo senior de 1ª Autonómica e varios fins de semana xogaba sábado e domingo. Esto a partir da segunda volta da liga foise notando e tivemos un baixón de mes e medio polo que o equipo baixou uns postos ata a zona media da tabla, quedando aí ata o final da temporada.

En todo caso, gran papel dos rapaces de Huelvis e Pablo Conde.

 

CF Dumbría Infantl - Liga Galega 2016/17

Dumbria infantil

A categoría infantil nesta temporada sufriu desde o comezo ata o final. Na pretemporada intentouse fichar a 4/5 xogadores da zona para reforzar ao equipo de cara á Liga Galega xa que o nivel da plantilla non era suficiente para competir co resto dos clubes. Non se conseguiron finalmente eses reforzos e o equipo afrontou con moitos de primeiro ano, un gran problema a estas idades.

Emilio Corzón e Charly Antelo puxeron a adestrar con forza e os rapaces competiron ben, pero os resultados non daban chegado e o equipo foise emtendo nunha zona baixa da que xa non puido saír, confirmándose o descenso faltando varias xornadas para o final.

O ano que vén volverá á Liga comarcal.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios