Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil

O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil
Cerceda-Dumbria-Foto-DAvid Castro

Encarrila a primeira fase de ascenso este xigante Dumbría tras vencer neste primeiro partido do triangular inicial. E o fixo tras un partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles, que se decidía no min.92 cun gol de Maikel.

CCD Cerceda - CF Dumbría (0-1)

O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil
  • CCD Cerceda: Rumbo, Xane, Andrés, Víctor, Miguel Ángel, Gonzalo, Eirís, Pablo Fueyo (Brandon, min.66), Rubén, Abel e Brais.
  • CF Dumbría: Iván, Roberto, Duarte, Cabana, Jano, Yeray, Martín (Maikel, min.58), Adrián Alcaina, Marcote (Edu, min.72), Pablo Pardiñas (Canario, min.92), Javi (Charli, min.88).
  • Goles: 0-1, min.92: Maikel.
  • Expulsións: O míster dumbriés Diego Lobelos, no minuto 77, e o dianteiro Marcote no minuto 88, cando xa estaba no banquillo.
Cerceda-Dumbria-Foto-David Castro Partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles. Comezou avisando o Cerceda, logo dun erro da defensa do Dumbría que a piques está de aproveitar Abel, pero un inconmensurable Iván gáñalle o man a man. Respostaría cinco minutos despois os dumbrieses, pero Marcote non sería quen de definir no man a man con Rumbo. Logo desto, o partido sería dominado polos cercedenses pero estes en ningún momento inquedaron a portería defendida por Iván, na tarde deste venres en Xaviña (Buño). Antes do descanso, o porteiro do Cerceda atrapa sen problemas un frouxo disparo de Marcote, tras recibir un pase á espalda da defensa. Á volta dos vestiarios, o Cerceda saíu cunha gran presión sobre a defensa dumbriesa durante os primeiros dez minutos desta segunda metade, e aos dous minutos Abel tivo unha dobre ocasión pero o seu primeiro remate queda morto dentro da área pequena tras bater nun xogador do Dumbría e na segunda non é capaz de superar a Iván no man a man. Pero co paso dos minutos, os cercedenses foron baixando fisicamente e o Dumbría foi collendo o mando pouco a pouco. Avisaría Yeray ao rematar unha falta botada por Martín, que atraparía Rumbo sen problemas. As entradas no terreo de xogo, de Maikel e Edu, daríanlle outra cor ao equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis, e faríanse co dominio total do encontro. No minuto 77, chegaría a xogada polémica do partido, logo de que Miguel Ángel derrubase ao porteiro do seu equipo cando Javi se dispoñía a facer o primeiro gol da tarde, o colexiado asubiou falta do dianteiro dumbriés ante a incredibilidade dos presentes en Xaviña, e a raíz desto chegaría a expulsión de Diego Lobelos, por decirlle “chocan entre eles”. Seguiría o encontro logo desto, e un minuto despois da polémica do partido, o Dumbría perdonaríalle a vida ao Cerceda cando Maikel primeiro e logo Javi non foran quen de superar a Rumbo, no man a man. A falta de cinco minutos para o final, Pablo Pardiñas estrelaría o esférico no longueiro tras unha xogada individual. O árbitro buscaría máis protagonismo coa expulsión de Marcote, cando xa se atopaba no banquillo, reclamándolle que fose atender ao seu compañeiro Javi, que estaba tumbado sobre o céspede logo de que este recibise un forte golpe na cabeza, pero o colexiado en lugar de preocuparse polo xogador dumbriés, estaría máis pendente do banco. E cando ambos equipos, xa contaban co 0 a 0 como resultado final, Maikel despertaría o delirio na familia do Dumbría, tras batir a Rumbo no man a man para poñer o definitivo 0-1, resultado que lle serviría para sumar os primeiros tres puntos nesta fase e para adicarlle esta victoria ao noso compañeiro Jorge Parri, que non está pasando un bo momento. Na tanda de penaltis para o desempate, os dumbrieses tamén vencería por 4 a 2. Domingo, o conxunto que dirixen Diego Lobelos e Óscar Leis, enfrontarase ao Sta María del Mar. Con sumar un punto neste encontro, o Dumbría xa sería campión desta fase previa da fase de ascenso á liga galega xuvenil. Dumbria XUvenil dedicando a vitoria a Jorge Parri

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios