Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober acusa o salto

O Fisober acusa o salto
 Imaxe-do-Esteirana-Fisober

DemasiadoTecuni Bilbo para o Fisober Concello de Vimianzo. I é que as vascas, unha das favoritas, chegaban a Vimianzo ca obrigación de gañar senón querían deixar escapar as súas opcións de título na xornada 3 e así o fixo, amosando as credenciais do grandísimo equipo que é. As costeiras non puideron aguantar e sumaron a 3ª derrota en sendos partidos.
Como notas positivas para o Fisober do encontro destacamos a volta en partido oficial despois de seis meses e medio lesionada de Elsa que ademais o fixo co seu primeiro gol en Segunda División, e outra que tamén fixo o seu primeiro gol en Segunda foi Patri.

Polo demais, en Liga Provincial había derbi entre Esteirana e Fisober B. Como dato curioso cómpre destacar que os tres últimos derbis entre os dous equipos remataron co mesmo resultado: un 6 a 0 a favor do Esteirana.
Ademais, o Concello de Ponteceso FSF caeu 0-4 ante o 5 Coruña FS, líder da categoría.

2ª División Estatal, xornada 3

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO“ – TECUNI BILBO (3-7)
  • Goles: 0-1 Esti, 0-2 Aroa, 0-3 Vicky, 1-3 Barca, (descanso), 1-4 Esti, 1-5 Vicky, 2-5 Elsa, 2-6 Aroa, 2-7 Aroa, 3-7 Patri.

As bilbaínas saíron a por todas cunha presión asfixiante e a busca das locais. Así xa os tres minutos era Esti a que tiña a primeira ocasión.
Pero si o Fisober conseguía combinar e saír da presión tamén creaba perigo e así foi os catro minutos por medio de Nuria. Pero nese mesmo minuto Esti non desaproveitou unha contra para poñer o primeiro gol visitante.

Por terceira xornada consecutiva tocáballe remar as da Costa, os minutos pasaban sen ocasións destacadas para ningún dos dous equipos. Mediada a primeira metade tomaron de novo o mando as visitantes, primeiro Di mandaba o pau , e despois tiña que ser a porteira local Paula a que desfixera cas súas intervencións dúas ocasións clarísimas visitantes. Todo estivo a piques de cambiar os trece minutos cando Ylenia tivo preto o gol.

E claro, as do Tecuni non facían moitas concesións e primeiro Aroa nunha triangulación os catorce minutos e un minuto despois Vicky poñían un duro cero a tres, e casi Di fai o cuarto.
Nestes últimos minutos melloraron algo as locais, tiraron de casta e Patri case consigue reducir diferenzas. Quen si o logrou foi Barca a vinte segundos do tempo de lecer despois dunha gran combinación de todo o equipo para poñer o 1 a 3 e abrir un raio de esperanza.

Algo que se truncou a saída de vestiarios cando un erro defensivo supuxo o cuarto gol visitante por medio de Esti. Tentou respostar a seguinte Nuria pero non logrou o seu obxectivo. Foron pasando os minutos sen un dominador claro, ocasións nos dous lados desbaratadas polas porteiras, eso si os minutos corrían a favor das visitantes e máis cando os oito minutos desta segunda metade de novo un erro e a mala sorte que acompaña o Fisober en todos os rexeites esta tempada provocaba que Vicky fixera o quinto.
Despois deste gol chegaron de novo uns bos minutos locais, con ocasións claras para Noelia e tamén para Elsa. Unha Elsa que conseguía marcar no minuto trece.
Pero cada vez que se acercaban as locais resposta inmediata visitante e nos minutos dezaseis e dezasete Aroa marcaba dous novos goles.
Os últimos minutos o Fisober tentou facer algún gol máis con Patri como estilete, unha Patri que marcou un gol e tivo dúas magníficas ocasións nos minutos finais.

Liga Provincial, xornada 2

  • Resultado: ESTEIRANA - FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO“ (6-0).
  • ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Terre, Alicia, Sandra; tamén xogaron: Merche, María e Leticia.
  • FISOBER B: Martina, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron: Cris, Paula. , Natalia, María Maroñas e Mónica.
  • Goles: Alicia (3 goles), Sandra (2) e Leticia, todos entre o 15 e o fin da primeira metade.

O filial do Fisober aguantou quince minutos sin recibir nin un gol cunha boa defensa e despois ata o tempo de lecer perderon o rumbo e o sitio tirando co partido, recibindo 6 goles consecutivos no derbi.

Pouco se pode falar do encontro o dominio foi das locais pero as do filial do Fisober non pasaban excesivos problemas ben colocadas atrás e tentando saír aínda que non o lograban con excesivo perigo a contra.
Todo mudou os quince minutos cando caía o primeiro gol a favor das locais. O equipo visitante entrou en zozobra e non sabía onde se atopaba, catro goles casi consecutivos obrigaron as visitantes a pedir tempo morto.
E a volta do tempo morto lonxe de mellorar caeron nos mesmos erros, saque de centro e case a continuación gol. Co 6 a 0 final se chegou o tempo de lecer.

Na segunda parte pouco que contar, o filial do Fisober voltou a estar entonado en defensa e non encaixou ningún gol máis e as locais tentárono pero non conseguiron aumentar a renda.

Máis información

Crónicas da tempadas 2012-2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Fisober FSF da man de Fran Toba.

Comentarios