Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisober afronta a invasión do norte da península

O Fisober afronta a invasión do norte da península

Xa esta disponible o calendario 2012-2013 da 2ª División de Fútbol Sala feminino na que debutara o Fisober FSF esta tempada. Unha tempada histórica para o clube soneirán, que levará ás mozas de Iván Chans e Fran Toba a competir ata La Rioja ou o País Vasco.

O primeiro partido será un derbi contra o equipo ferrolano do Valdetires e na segunda xornada desplazarase a Bilbao a xogar contra o C. Stilo no que será o primeiro dos dous desplazamientos que realizara a Bilbao.

As rapazas vimiancesas terán uns desplazamientos moi longos esta tempada, nos que teran que visitar Logroño en duas ocasións, Pamplona, Ordizia, Santo Domingo de la Calzada, Castro Urdiales e Santander.

O corpo técnico do Fisober contará con toda a plantilla do ano pasado asi como algunas das rapazas do equipo filial que subirán o primeiro equipo.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios