Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fisober afronta os dous partidos máis importantes da súa corta historia

O Fisober afronta os dous partidos máis importantes da súa corta historia

As rapazas da Costa da Morte do Fisober Concello de Vimianzo afrontan o final da temporada dende o máis alto da táboa da Liga Autonómica. Xa é todo un éxito, pero queren confirmar o bo ano cun título. E para iso afrontan dúas últimas semanas de infarto, con encontros directos coas súas máximas rivais.

As xogadoras de Iván Chans e Fran Toba terán una dura batalla esta fin de semana en Pontevedra ante o Marcón, 4º clasificado e que na 1ª volta conseguiron derrotar por un axustado 4-3 despois de ir perdendo por 0-3.
O equipo pontevedrés caracterizase por imponer un ritmo moi alto durante todo o partido facendo continuas rotacións das suas xogadoras polo que será un partido moi entretido.

O conxunto vimiancés afronta esta xornada moi motivado xa que una vitoria as situaria máis cerca do obxetivo do titulo de Liga, xa que tan so faltarían 4 partidos para o remate da Liga e teñen una vantaxe de 3 puntos sobre o 2º clasificado o Mos, un Mos que visitará Vimianzo a vindeira xornada.

O partido será o sábado ás 20:00 h no Pavillón Municipal Monte Carrasco de Marcón.

Entrementres, o Fisober B intentará conseguir unha vitoria ante o equipo coruñés das Espartanas o domingo ás 12:00 h no Municipal da Sagrada Familia en Coruña.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios