Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober B despediu o curso cunha semifinal e o Vila de Cee o fará cunha churrascada

O Fisober B despediu o curso cunha semifinal e o Vila de Cee o fará cunha churrascada

Non puido ser. A un gol quedou o Fisober B da final da Copa Provincial. O partido de volta das semifinais da Copa Provincial disputado o domingo en Narón chegaba despois da igualada a dous da semana pasada en Vimianzo. O filial do Fisober non puido acadar o pase a Final de Copa nun partido moi igualado que se decidiu por pequenos detalles.

Ademais, o Vila de Cee FSF artella unha festa de fin de curso, tras ter feito o balance completo do seu primeiro ano en competición.

Copa Provincial, volta das semifinais

Partido do Fisober B en Naron na Copa Provincial
  • Resultado: A FERVENZA B – FISOBER “B” F.S.F. (2-1).
  • FISOBER B: Paula, Ana, Tamara, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron: Patri, Andrea e Noelia.
  • Goles: 1-0 Estefanía, (descanso), 1-1 Tamara, 2-1 Estefanía.

Arrincaron mellor as de Ferrolterra ante un equipo da Costa moi nervioso nestes primeiros minutos. Ese mellor comezo permitiulles marcar nunha contra os oito minutos por mediación de Estefanía.
Co paso dos minutos ían mellorando as da Costa pero as locais estaban a facer un gran partido, esperando atrás e saíndo en perigosas contras. E para colmo a falla de dous minutos a porteira Paula tiña que deixar o partido cunha lesión nun dedo, co que Ana fixo de porteira-xogadora. Aínda así na última xogada da primeira metade puideron igualar as visitantes , despois dunha xogada de pizarra Tamara non marcou por pouco.

Despois do tempo de lecer saiu en tromba o conxunto visitante consciente de que necesitaba dous goles para mudar o signo da eliminatoria. Ademais voltaba Paula a portería despois de colocar o dedo no sitio e cun forte vendaxe.

E chegaban ocasión tras ocasión pero o gol non quería entrar. Ata que os oito minutos Tamara nunha xogada chea de rexeites igualaba o partido. Pero perdían por lesión as visitantes a Paula Fandiño.
A un gol estaban as da Costa do pase e cada vez arriscaban máis, ataque a tumba aberta das visitantes e perigosas contras locais. A falla de seis minutos chegou a xogada polémica do partido cando o árbitro non apreciou man dunha xogadora local no área nunha xogada moi similar o penalti final no partido de ida.
Cas visitantes asumindo tantos riscos a falta de tres minutos unha nova contra local, foi aproveitada de novo por Estefanía para facer o segundo gol da Fervenza.
Dende aquí ata o final as visitantes tentaron o gol que igualara a eliminatoria pero non foron quen. Algunha que outra bágoa había na cara de algunha das xogadoras visitantes.

En definitiva unha gran eliminatoria na que calquera dos dous equipos mereceron ser finalista, pero desta vez caeu do lado das de Ferrolterra que realizaron dous magníficos partidos cun excelente traballo.
Rematando así a tempada para os equipos do Fisober.

Churrascada para pechar o primeiro curso

Mentres, o Vila de Cee, tras facer balance da primeira campaña, pensa xa na Churrascada que vai armar este sábado 28 de xuño na área recreativa de Toba.

Crónicas da temporada no Fútbol Sala Feminino costeiro

Fonte

Comentarios