Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF

O Fisober B supera de novo ao Concello de Ponteceso FSF

O Fisober da Liga Autonómica rompía a súa racha e caía en Poio, pero segue sendo líder. Así e todo, non deixa de ser curioso que as tres derrotas das da Costa se produciron na provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, o filial gañou a semana que perdeu o primeiro equipo e voltou a facelo no derbi local fronte ao Ponteceso. O corpo ténico visitante criticou a actitude dalgunha xogadora local ao remate do partido froito da tensión que se vive entre os dos clubs dende a tempada pasada pola reclamación dun partido por parte do equipo pontecesá. Dende QPC lamentamos que dous dos clubes da bisbarra manteñan a tensión tan acentuada.
Ademais, tamén na Liga Provincial, A Salina de Esteiro perdía 0-7 co líder invito, O Pino.

Liga Autonómica

  • Resultado: POIO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (4-3)
  • Fisober : Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Ylenia, Olalla, Noelia, Myrella, Alba e Tamara.
  • Goles: 1-0 Nerea Moldes, 1-1 Barca, (descanso), 1-2 Patri, 2-2 Tania, 2-3 Barca, 3-3 Paula, 4-3 Laura.
  • O partido comenzou de xeito parecido á última derrota na pista de Mos con ocasións unha detrás de outra das xovenes xogadoras locais. Primeiro foi Nerea Moldes, e despois foi Paula por partida dobre a que puxo a proba a Eva. E para rematar ca boa saída das locais foi Nerea García a que tivo a súa opción.
    O adestrador visitante, vendo como pintaban as cousas, decidiu pedir tempo morto e cambiar en bloque as xogadoras de campo para tentar cambiar o rumbo i espolear as súas. E algo cambiou a pesares de que os cinco minutos Nerea Moldes adiantaba as locais , unha Nerea Moldes que a piques estivo de aumentar distanzas pouco despois.

    O partido abriuse máis e as da Costa empezaron a desempeñar o seu xogo. Así Patri os oito minutos tivo nas súas botas a igualada e os nove era Myrella a que vía como Pintos se atopaba o seu remate. Cas da Costa dominando un tiro da local Bibiana foise o pau o cal contestaba a visitante Patri con outro lanzamento o pau.

    Aquí chegaron os mellores minutos visitantes, e dúas boas ocasións para Ana que eran desviadas pola porteira local Pintos, primeiro un globo que mandou a saque de esquina cando entraba e despois nun tiro. E aos trece minutos unha excelente xogada a base de paredes das visitantes remataba co gol a pracer de Barca para igualar o tanteador. As locais chegaban nestes momentos con contagotas pero Nerea Moldes asustaba as visitantes. As cales respostaban as de Fisober por medio de Noelia e Ana. O último minuto da primeira metade foi de tolos primeiro ocasión para a local Paula, que sufriu a resposta por medio de Patri primeiro e despois de Olalla. Pero na última xogada desta primeira metade a local Tania pudo desfacer a igualada.

    A segunda metade comenzou de outra maneira e no segundo minuto unha clara ocasión para Barca remataba cun rexeite que voltaba a ela, era derribada de forma clara dentro do área pero o trencilla inexplicablemente non o pitaba ante o asombro de todo o mundo, incluso das locais. A resposta por parte do Poio foi a cargo de Laura pero atopouse con Eva. Os cinco minutos chegou outro arreón do Fisober, primeiro Noelia, despois Ylenia e de novo Noelia vían como Pintos desfacía as súas ocasións. Aínda así Eva tiña que aparecer para frear as contras locais.
    Aos nove minutos Patri poñía por primeira vez as da Costa por diante, facendo o 1 a 2. A resposta local foi por medio de Paula. Mediada a segunda metade Myrella e Barca tiveron opción de aumentar distanzas e poñer un pouco máis de cara o compricado partido. Pero lonxe deso unha combinación local rematou co tanto da igualada por medio de Tania a sete para o fin.

    Fisober non se rendía e Barca tiña opción para voltar a poñer en vantaxe as súas e a cinco para o fin conseguíuno facendo ela mesma o 2 a 3. As locais en ningún momento se rendiron e a tres para o fin foi Paula a que de novo colocou a igualada. Ese gol fixo moito dano as da Costa e Nerea Moldes case consigue adiantar as súas. Cando restaban corenta segundos para o fin un lanzamento de falta de Laura petou no pau e colouse para facer o definitivo 4 a 3.

    Aínda así Noelia tivo unha última opción para desfacer a igualada pero o seu lanzamento deu no pau por dentro pero non quixo entrar, quedaba claro que non era a tarde , rematando o partido con vitoria local.

    Liga Provincial

    • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” - CONCELLO DE PONTECESO (5-1)
    • FISOBER B: Eva, Iria, Patri, Myrella e Ana; tamén xogaron: Mónica, María, Inés, Laura, Cris, Loly e Nuria.
    • PONTECESO: Salomé, Cris, Ana, Martina e Anabel; tamén xogaron: Christine, Silvia, Marta e Fany.
    • Goles: 1-0 Myrella, 1-1 Ana, (descanso), 2-1 Loly, 3-1 Inés, 4-1 Mónica, 5-1 Patri.

    Crónica do Fisober

    A primeira metade por parte das locais non foi boa pero o dominio foi seu. Así as locais adiantaronse no electrónico cun gol de Myrella. As visitantes apenas chegaban con perigo. A local María conseguía facer o 2 a 0 pero como o colexiado pitara con anterioridade penalti sobre ela aínda que conseguira marcar desequilibrada , pois non subiu o tanteador. Ela mesma lanzouno pero errou a pena máxima. Nunha das poucas chegadas visitantes Ana facía a igualada a pouco para o fin da primeira metade.

    Aínda así antes do tempo de lecer as locais gozaron de dous dobres penaltis por medio de Myrella e Patri pero non foron quen de batir a Salomé que salvou as súas dunha maior goleada. A segunda metade as do filial saíron con outro ritmo e pecharon totalmente as visitantes quenes solo saían con balón longo da súa gardamallas. E así tiñan que chegar os goles e foi Loly a que facía o segundo local despois dunha boa combinación, unha Loly que lle adicaba o gol a lesionda Martina.

    Ocasión tras ocasión seguiron a chegar os goles o terceiro foi obra de Inés definindo ante Salomé. Co dominio total local era cuestión de tempo que fora aumentando a renda. E Mónica facía o cuarto a pracer despois doutra boa combinación. Para pechar o partido Patri co quinto e definitivo e aínda puido caer algún máis.

    Sinalar que Mónica e Loly facían o seu primeiro gol oficial ca camiseta do filial do Fisober e por conseguinte na Liga Provincial.

    Crónica do Ponteceso FSF

    Partido de rivalidade local no que o Fisober tirou de xogadoras importantes do equipo A como Eva, Ana Mouzo, Patricia Romaní e Myrella o que dan as claves da gañas de levarse o derbi. Polo bando visitantes, Barca contaba coa ausencia das dúas máximas goleadoras e referencias ofensivas, Carmen e Alba, que por lesión unha e por motivos persoais outra, perdéronse este encontro. Comezou o Fisober “B” presionando forte na pista, froito desta presión chegaba con claridade á meta defendida por Salomé que coa axuda, principalmente de Ana e Cris Santos, impediron que o equipo local se adiantara no marcador. A mediados da primeira parte, nuna boa xogada colectiva das locais, Myrella adiantaba ao seu equipo cun bo remate. A partir de aí as visitantes estiráronse un pouco e empezaron a chegar á meta defendida por Eva, que nun par de ocasións salvou o empate. O empate chegaría nunha boa presión de Ana, xogadora de 14 anos que mellora a pasos axigantados, que lle roubou a Ana Mouzo o balón cando esta quería sacalo desde atrás, e despois de encarar á meta local definiu á perfección. Xa na segunda parte, o Fisober seguiu utilizando bastante as xogadoras do equipo A, pois non eran capaces de irse no marcador. A tónica foi similar a da primeira, chegando en bastantes ocasións as locais, pero entre Salomé e a boa defensa Pontecesá desbarataban todas as chegadas. Aos 7 minutos de empezar, as locais adiantábanse por medio de Mª Dolores e pouco despois, Inés marcaba o terceiro en dúas boas xogadas colectivas. As visitantes seguiron intentando reducir distancias e apunto estiveron Christine, Cris Santos e Ana de marcar en tres rápidos contragolpes, pero estivo acercada a meta local Eva. A falta de menos de 5 minutos para o pitido final, Mónica marcou o cuarto para as locais despois de varios rexeites e Patricia Romaní marcaría o quinto e último a falta de apenas 3 minutos, que á postre sería o resultado definitivo.

    Vindeira cita

    • Liga Autonómica: Fisober F.S.F. - Panific. del Eo - Ribadeo F.S.
    • Liga Provincial:
      - Concello de Ponteceso F.S.F. - A Fervenza F.S.F.: Queda aprazado para o 10 de marzo porque a Motofesta de Ponteceso ocupará o Pavillón.
      - F.S.F. O Pino - Fisober F.S.F. "B": 11/02/2012ás 20:00no Pabellon C.P.I. O Pino.
      - Fame Negra F.S. - A Salina de Esteiro: 11/02/2012 ás 16:00 no Polideportivo O Espiño.

    Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios