Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fisober busca conquistar España esta fin de semana

O Fisober busca conquistar España esta fin de semana

Como fixera para intentar acadar o título de liga (con rotundo éxito), a ex xogadora vimiancesa Andrea Sendón vén de preparar este vídeo para motivar ás mozas soneiráns de cara ao Campeonato de España. I é que o Fisober C. Vimianzo disputara esta fin de semana o Campeonato de España de clubs de fútbol sala representando a Galicia.

Un Campionato que lamentablemente para elas se celebra na Coruña (co que prestan estas viaxes por España adiante en equipo...) Pero así e todos, a expedición vimiancesa se aloxará no Hotel Riazor ao longo da fin de semana. Esta é a convocatoria dos técnicos Iván Chans (Vimianzo), Luis Sambad e Fran Toba (Muxía):

  • Porteiras: Paula Lema (Vimianzo) e Eva Lema (Muxía)
  • Xogadoras: Ana Mouzo e Noelia García (Vimianzo), Patri Romaní, Barca Toba e Nuria Paz (Muxia), Ylenia Rodríguez (Corcubión), Alba Cambeiro (Carnota), Myrella Ventura (Ponteceso), Olalla Veres (Corme) e Elsa Souto (Sofán)

Campionato

Os partidos disputaranse no Pavillón dos Rosales e o equipo da Costa da Morte esta encadrado no Grupo 2 xunto co campión do Pais Vasco e o campión de Extremadura, no Grupo 1 están o campeón de Valencia (L´Alcora), o campión de Castela León (CD Unión Tudela) e o campión de Castela la Mancha (Villa – Alba FSF)

Os horarios dos partidos son os seguintes:

  • Viernes 15 ás 19:00 h: Fisober C. Vimianzo vs Berezi 99 (Pais Vasco)
  • Sábado 16 ás 11:30: CF Emeritense vs Perdedor do partido do venres.
  • Sábado ás 19:00 h: CF Emeritense vs Vencedor do partido do venres.
  • Domingo 17 ás 10:00 h no Palacio de Deportes de Riazor: Final.

#AleFisoberAle!!!

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.
A historia do Fisober polo Campionato de Espana

Comentarios